No último Pleno do Concello de Viveiro, celebrado o pasado 1 de agosto de 2013, o interventor accidental daba conta da relación de facturas enviadas ó Ministerio, en cumprimento do R.D. Ley 8/2013 e onde aparecían facturas recoñecidas ata o 31 de maio e pendientes de pago por un importe de 859.226,85 euros. Obsérvase claramente como a sangría económica non se detén e a débeda vai aumentando exponencialmente sen que o alcalde e o seu equipo de goberno fagan nada por detela.
Así ós 14,7 millones de euros de débeda viva, habería que sumar estes 859.226,85€ ( por certo todas facturas de gasto corrente, non en inversión ), xunto coa débeda que se mantén con Aquagest de 733.613,19 € (pola xestión da EDAR), así como as reclamaciones de constructores de devolución de licenzas de obras outorgadas, pero non executadas, que ben poderían rondar os 400.000€, ás que teríamos tamén que incorporar aquelas famosas facturas de caixón denunciadas no seu momento, polos seus ex socios de gobierno os Sres do BNG. No mellor dos casos estariamos faland dunha débeda que xiraría en torno ós 18 millóns de euros.
O certo é que a situación é moi preocupante ó ser de quebra total, xa que estas facturas pendentes se xeraron nun ano aproximadamente, polo que da a impresión de que o goberno local se limita a pagar nóminas do personal e pouco máis, non axustándose ó dispuesto nos presupuestos do 2013. É un claro exemplo de política de ir tirando a ver que sucede, non se planifica nada e sempre se funciona a golpe de impulso (agora entendemos aínda mellor o por qué non había vontade de aprobar un novo orzamento, téndose que forzar esta aprobación por iniciativa do PP).
Dende o PP de Viveiro constatamos que non se aplica ningunha das recomendacións suxeridas nos distintos informes de intervención, onde se sinala un excesivo gasto en persoal e en gasto corrente, aparte de sinalar a mala organización do persoal o que fai que se perda efectividade no aproveitamento do mesmo.
O PP de Viveiro denuncia a irresponsabilidade total de alcalde e o seu equipo de goberno, así como a do BNG, que no seu momento o apoiaron e cogobernaron con el, tanto por habelo aupado no seu momento como por sustentalo na actualidade e permitir a grave situación económica na que está sumido o noso Concello sen dicir esta boca é miña. Agravamento que se acentúa como consecuencia de gastar máis do que se ingresa e de facer caso omiso das recomendacións e informes tanto da Intervención Municipal como do Goberno da Nación.
O PP de Viveiro pensaba que co Plan de Pago a Provedores se puxera o contador a cero e que as medidas sinaladas no Plan de Axuste se aplicarían, pero transcorrido pouco máis dun ano vemos con preocupación cómo non se cumpre ningunha e non so iso; senón que a débeda se dispara e probablemente non se deterá aquí.
O alcalde e o seu equipo de goberno, xunto con aqueles que son cómplices necesarios para que isto suceda (o BNG), colocaron ó Concello nunha situación insostible (hai que recordar que Viveiro encabeza o ránking deses 10 Concellos galegos nos que a débeda é superior ó orzamento), sen que haxa vontade, nin capacidade para solventar esta sangría. Da a impresión de que a única saída que se busca para o noso Concello sexa a intervención económica por parte do Ministerio de Hacienda, que visto o visto pode que sexa o máis probable, pero que falará ben ás claras da inoperancia, a deixadez e a pouca ou nula capacidade de xestión do equipo de goberno socialista de Viveiro.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



