Riotorto- 30 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Riotorto tacha de “incomprensible” a postura do rexedor local, Federico Gutiérrez (BNG), ao votar en contra de que Riotorto conte cunha residencia de maiores e centro de día, que crearía e xestionaría a Deputación Provincial de Lugo, e para cuxo fin recolle unha dotación económica os orzamentos do ente lucense.
O posicionamento do nacionalista durante a sesión plenaria extraordinaria celebrada este venres a petición do PP para garantir esta infraestrutura en Riotorto, demostra que o alcalde se move por intereses partidistas no lugar de atender ás demandas dos veciños de Riotorto, ata o punto de chegar a entregar unha residencia de maiores e centro de día, cuxa construción fora aprobada no municipio.
Esta actitude de Federico Gutiérrez, que tiña nas súas mans que Riotorto teña residencia, está a votar a perder un investimento na localidade de 1.400.000 euros, para unha poboación cun amplo número de persoas maiores, así como a consecuente creación de postos de traballo.
Nun salón de plenos abarrotado por veciños que demandan esta dotación de imperiosa necesidade para o municipio, o rexedor local puxo de manifesto que o BNG non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto, pese a haber un dotación nos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para construír este infraestrutura na localidade.
Esta situación só leva aos populares a criticar que un rexedor desperdicie esta oportunidade e máis tendo en conta que os populares aseguraron que a construción e xestión da residencia – centro de día estaba perfectamente garantida, sendo anunciada mesmo polo alcalde, que agora renuncia a ela
Feito que leva ao PP a manter a súa sospeita sobre a existencia dun pacto dentro do BNG para que o investimento previsto na residencia – centro de día de Riotorto se traslade e beneficie a outro concello da Mariña.
Sorprendente negatividade do PSOE
Se os populares amosan a súa sorpresa ante que un rexedor local no queira unha residencia que se lle concedeu a Riotorto, máis “chamativo” aínda lle parece ao PP de Riotorto o voto en contra do PSOE do municipio.
Mentres que os populares sospeitan da existencia dese pacto no BNG para perder este investimento, dende a formación do PP pregúntanse polos motivos que levan a un partido local a non solicitarlle a un rexedor municipal que non se perda un investimento que aportaría a Deputación Provincial de Lugo.
Así, os populares repróchanlle aos socialistas que non chegasen a mostrar unha actitude activa e proclive na defensa dos intereses dos veciños, e máis tendo en conta que a Deputación Provincial de Lugo está a ser gobernada pola súa mesma cor política.
Polo tanto, dende a formación popular piden explicacións e queren coñecer as razóns que levan aos socialistas a non querer que a residencia e o centro de día sexa unha realidade, e axudar a evitar que a xestión do alcalde nacionalista “chea de mentiras” prive aos veciños da localidade deste investimento.
O alcalde que non quere unha residencia e un centro de día para o seu municipio
“O que está claro”, explican os populares e a documentación así o avala, é que Federico Gutiérrez non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto feito detrás do que se poden esconder intereses partidistas, que tentou cubrir con reiteradas mentiras.
Así, os populares achacáronlle durante a sesión plenaria ao rexedor que non fose nin quen de adquirir os terreos, solicitando un préstamo que foi devolto cos seus conseguintes intereses ás arcas municipais e tendo a pretensión de mercar terreos que non cumprían os requisitos. O PP pregúntase se estarán ante un proceso no que imperan actitudes caciquís por beneficiar a algún amigos.
Deste xeito os populares pedíronlle durante a sesión plenaria a Federico Gutiérrez que explicase a mentira anunciada na Feira do Ferro do ano 2012, onde o alcalde aseguraba que o concello xa tiña adquiridos terreos, cando agora se está a renunciar á residencia e ao centro de día.
Traballo dos populares
O Partido Popular de Riotorto seguirá a promover iniciativas, que anunciará a próxima semana, para evitar que o municipio se quede sen unha residencia de maiores e centro de día.
Con esta pretensión, os populares xa repartiron un díptico informativo que recollía as verdades desta xestión, ao tempo que solicitou a celebración do pleno extraordinario celebrado este venres e que evidencia que o PSOE e o BNG non queren unha residencia nin centro de día para Riotorto.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



