Ribadeo, 17 de agosto de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, en nome da Corporación Municipal e por unanimidade, fíxolle entrega da medalla de ouro do Concello, ao Ribadeo FC no seu centenario. Recolleu a distinción o presidente do club, Víctor López.
Nun pleno solemne e extraordinario, que comezou preto das 11.30 da mañá, rendeuse homenaxe ao Ribadeo FC, que cumpre 100 anos. O concelleiro de Deportes e instrutor do expediente para a concesión desta medalla, Vicente Castro, lembrou que “son poucas as entidades que acadan un século de vida e Ribadeo ten a honra de contar cunha delas, que é o Ribadeo FC, un clube que desde o ano 1913 levou o nome desta vila por Galicia adiante” e lembrou que desde 1952 organiza o trofeo de fútbol Emma Cuervo.
O Ribadeo FC contaba xa coa medalla de prata do Concello que lle concedeu a Corporación Municipal no ano 1988, data na que celebrou o seu 75 aniversario. Castro considera que “o Ribadeo FC fixo méritos e conta con cualidades singulares suficientes para que hoxe reciba a medalla de ouro do Concello ribadense”, un galardón que tamén recibiu o ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.
O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, agradeceu ao Concello esta distinción, así coma o acordo unánime que a respalda e lembrou “cando un grupo de xoves decidiu solicitar permiso ao Concello de Ribadeo no ano 1913 para xogar un partido de fútbol no Campo de Sela, que enfrontaría ao Ribadeo e ao Luarca. O choque tivo que suspenderse ao remate do primeiro tempo, debido á tromba de auga que caeu aquela tarde e a segunda parte disputouse ao día seguinte. O encontro rematou con empate a 2 e a continuación xogouse unha prórroga e ao final a vitoria foi para os visitantes”. O presidente do Ribadeo FC tamén sinalou que no 1923 está rexistrado o primeiro regulamento interno do clube, que militou en diferentes categorías ao longo da súa historia e que chegou a xogar na terceira división en varias etapas. López agradeceu o traballo, o sacrificio e o esforzo do seu antecesor no cargo durante os 29 anos que estivo ao fronte do Ribadeo FC.
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, aludiu á importancia comercial que a vila tivo a comezos do século XX e á chegada de modas coma a do fútbol. O rexedor engadiu que “100 despois da creación do Ribadeo FC outras persoas sodes as que teredes que seguir a escribir a historia dun clube que se enfronta a desafíos importantes coma: o seu financiamento, a baixo número de socios, tendo en conta a poboación do concello, a escasa presenza de xogadores locais…”. Suárez Barcia rematou a súa intervención “facéndolle entrega da medalla de ouro do Concello ao Ribadeo FC no seu centenario e aos seus xiareiros para que segan a berrar por moito tempo Aupa Ribadeo”.
A medalla foi recollida polo presidente actual do club, Víctor López, e polo seu antecesor, José Pulpeiro.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
