Cervo, 1 de agosto de 2013-O Concello de Cervo traballa estes días para ultimar o dispositivo de seguridade previsto para a terceira regata da copa de piragüismo que se celebrará este sábado no encoro de Río Covo. Un dispositivo que contará con recursos humanos e técnicos do servizo municipal de emerxencias do Concello de Cervo. En concreto esa colaboración incluirá un grupo de rescate acuático do servizo de salvamento para a regata e persoal de apoio en terra. Ao mesmo tempo está prevista a presenza dunha ambulancia da Cruz Vermella.
De feito, esta mañá os edís de Deportes, Luis Guillén, e o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, o xefe de Protección Civil e outros efectivos do servizo municipal de emerxencias, o secretario do Club Deportivo San Ciprián, Manel Leal e o delegado de piragüismo do club, Javier García Garza desprazáronse ata o encoro de Río Covo para concretar os últimos detalles deste dispositivo especial que se porá en marcha “co obxectivo de garantir a seguridade de todos os participantes e asistentes a esta proba” destaca Guillén.
Con este obxectivo, e para atender calquera situación que se poida dar, mobilizarase a persoal de emerxencias tanto en auga como en terra baixo a coordinación servizo municipal de Protección Civil.
Ao mesmo tempo, hai que lembrar que esta regata se celebra en Cervo grazas ao traballo do Club Deportivo San Ciprián, que organiza a proba. Ademais, Guillén destaca a calidade das instalacións deportivas do encoro de Río Covo “que fan posible a práctica de piragüismo así como o desenvolvemento de probas coma esta”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



