A Deputación despraza a súa proposta de actividades lúdicas do programa Lugoteando ás zonas do Valadouro e do Incio. Nesta ocasión, as actividades das que poderán desfrutar as persoas que se acheguen o sábado 3 de agosto ó Valadouro ou o domingo 4 ata o Incio son moi diversas. Nestes concellos da comarca as actividades que se van ofrecer son terrestres. Poderemos atopar unha ampla oferta entre a que destacamos os skates eléctricos, os long skates e os pratos fortes, o simulador de olas e o ezy roller. Estas dúas ultimas propostas son as que máis tirón teñen entre ás persoas que deciden achegarse ata os lugares nos que a Deputación leva a cabo as actividades. Por unha banda, o simulador de olas, co que as persoas poden saber o que se sinte ao cabalgar sobre as olas e o ezy roller, o patinete que está a triunfar nas grandes cidades. Este novo aparello que ten como particularidade a súa estrutura horizontal, obriga a conducilo e manexalo rente ó chan. A oferta de ocio esta deseñada para nenos e familias que teñan interese por estes proxectos. As actividades desenrolaranse ó longo de toda a tarde e darán comezo as 15:00 rematando cora ás 20:00 horas.
Máis prazas
A iniciativa que parte da Deputación ofrécelle a xente a posibilidade de facer actividades gratuítas e novidosas. As últimas prazas están a disposición dos interesados na páxina web www.deputacionlugo.com. Nesta dirección tamén se pode apuntar un para seguintes actividades que a Deputación ten preparadas para realizar ó longo dos meses de agosto e setembro. A seguinte cita será en Viveiro e Monforte, o 10 e 11 de agosto respectivamente. A forte acollida desta iniciativa nos diferentes concellos onde se desenrolan as actividades leva a Deputación a continuar apoiando esta oferta de ocio.
Con fins económicos
A Deputación aposta polos recursos fluviais e litoriais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano, potenciado o turismo e o ocio medioambiental, e xerando riqueza. Esta é a 4º edición desta programación, que foi todo un éxito nas anteriores convocatorias grazas á participación de milleiros de persoas que desfrutaron das actividades e que contribuíron a impulsar establecementos lucenses de diferente sectores (dende os de multiaventura ós da hostelería), mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



