Lugo, 19 de agosto de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia a manobra que puxo este luns de manifesto o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ao anunciar o investimento en obra no rural, unha contía que segundo os populares, en parte se converte en papel mollado ou se enmascara na evidencia de pago de favores políticos.
En relación a isto, o PP lembra que o Plan de Cooperación, do que tanto está a presumir Besteiro, ten un carácter partidista tal e como se denunciou en reiteradas ocasións e que lonxe de ser destinado ao seu fin inicial –colaboración co medio rural e o urbano- ten como finalidade enmascarada articular as axudas que pagan favores políticos por parte dos membros socialistas.
Os populares reinciden ao asegurar que do control rigoroso das subvencións concedidas ao abeiro deste plan non se entende acreditada a prioridade da adxudicación das obras e prodúcense con frecuencia coincidencias de solicitantes con membros de listas electorais do partido socialista. Asemade o Grupo Popular tamén votou en contra na comisión de aprobación desta plan durante a que chegou a advertir de información de obras que xa estaban feitas antes da súa concesión.
Falta de compromiso co rural
Esta concesión de subvencións sen rexerse polos principios de obxectividade, libre concorrencia e publicidade, provocada a desestimación de solicitudes cun cariz prioritario e que se converterían en verdadeiros exemplos de compromiso co rural. Deste xeito, Gómez Besteiro está a provocar que se concedan subvencións que benefician simplemente a membros das listas do PSOE, a aldeas de rexedores socialistas ou inclusive a deputados vencellados a este partido.
A situación denunciada polos populares chegou ata tal punto que tras ter acceso a diferentes expedientes de obras concedidas ao amparo do plan, o PP non só puido comprobar a coincidencia de solicitantes de subvencións con persoal vinculadas co PSOE, senón que incluso moitas destas subvencións ingresáronse en contas a nome de persoas vinculadas directamente co PSOE.
Matiz do 100% do investimento
O Grupo Provincial do PP tamén quixo matizar que estas subvencións financian o 100% do investimento, cando existe un informe de intervención no que se recolle con respecto ás subvencións enmarcadas no Plan Estratéxico de 2013, que a acción ou fomento vén a ser un complemento no financiamento dunha actividade ou investimento e pola súa natureza, non debe financiar o 100% da actividade ou investimento.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



