A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organizou este domingo día 4 de agosto unha ruta dende a Ponte da Espiñeira ata a Área Recreativa de A Cazolga, duns 12 km de distancia e de dificultade baixa. O día estivo perfecto para camiñar e a ruta permitiu aos sendeiristas desfrutar da natureza no seu estado máis puro xa que todo o percorrido transcorreu por unha fermosa paisaxe ao son do Río Masma. A ruta culminou na Área Recreativa de A Cazolga, onde parte da organización esperaba aos camiñantes cunha cervexa ben fría e con toda a comida a punto para repoñer forzas, todo isto amenizado por un Dj que lle puxo o punto musical á actividade. Rematouse cunha gran queimada e coa maioría dos participantes bailando ao ritmo da música. Foi a primeira ruta deste estilo que organizaba a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, e dende a organización quedamos moi satisfeitos tanto por ver o resultado dun bo traballo como pola participación e colaboración dos amantes do sendeirismo, polo que queremos agradecer e dar as gracias a todos cantos participaron nesta actividade.
