Esta semana entramos na recta final dos Mercados de Verán de 2013. A programación para o Xoves con Xeito 15 de agosto conta coa presencia de Títeres Trompicallo no apartado de teatro na rúa, coa súa obra para tódolos públicos “Violeta Coletas contra as salchichas Gulp”, a partir das 20:30 horas.
Despois, como peche da programación musical dos Xoves, que este ano abrimos cunha convidada de luxo, Sés, estará con nós Leo Arremecághona co seu rock “comprometido e asilvestrado”. E por último, estará con nós o DJ mindoniense Deep López, que se enfrontará a Jesús Lombardía ao piano nunha “live sesion” que combina música electrónica con música en directo. Tódalas actuacións teñen lugar na Praza do Concello mindoniense.
O Domingo Fresco 18 de agosto será o que porá punto final aos Mercados por este ano. O día adicaráse ó pemento e á berenxena, e haberá coma sempre degustación gratuita de pratos preparados a base destas hortalizas e animación de rúa a cargo de Xaramalos, gaiteiros da Mariña. Todo elo, na Praza da Catedral e a partir das 10:30 horas.
A celebración do Xoves con Xeito 25 de xullo suspendérase en sinal de loito polo accidente ferroviario de Santiago; a última actuación que queda por reubicar, a do clown Peter Punk, terá lugar precisamente o domingo 18, a partir das 13:00 horas na Praza da Catedral.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



