A praia ribadense das Catedrais foi escenario na mañá deste venres de dous simulacros. Un de salvamento, no que unha persoa estaba supostamente a punto de afogar. Neste dispositivo participaron os socorristas e unha ambulancia que en 15 minutos chegou desde Foz a ese areal. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou que “cando a ambulancia chegou ás Catedrais tivo que atender a unha persoa que acababa de sofrir feridas ao caer polas escaleiras de acceso á praia. É dicir que ían para un simulacro, pero ademáis tiveron que atender un caso real”. E outro simulacro foi o dunha suposta agresión con arma branca. A Policía Local de Ribadeo empregou 7 minutos en desprazarse desde a vila ata As Catedrais. Máis tarde tamén se realizou un simulacro de salvamento na praia de As Illas/Castros.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



