Ribadeo, 9 de setembro de 2013. Este martes 10 de setembro será cando se coñeza a proposta económica final da Consellería de Benestar para a construción dunha residencia de maiores en Ribadeo. As cifras ofrecidas na tarde deste luns en Santiago “quedan moi lonxe do que cabería esperar e serían inferiores ás que está disposto a poñer o Concello”, segundo o alcalde, Fernando Suárez Barcia.
O rexedor explicou que “despois de manter esta terceira xuntanza da comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo coa conselleira de Benestar e despois de terlle indicado que a posibilidade que nos ofertou no seu momento de concertar prazas non é algo que vexamos axeitado, porque en Ribadeo pensamos que as prazas teñen que ser preferentemente para a xente de Ribadeo e coa opción de concerto non sería posible garantir isto”.
Suárez Barcia dixo que “o que necesitamos primeiramente é ter o edificio e para ter o edificio hai que ter o diñeiro enriba da mesa. Temos parte dos cartos comprometidos da Deputación Provincial de Lugo e desde o Concello estamos dispostos a poñer outra parte a través do endebedamento público, pero falta unha parte importante que é a que debe poñer a Xunta de Galicia”.
O alcalde de Ribadeo indicou que “as cifras que nos daban no día de hoxe quedan moi lonxe do que cabería esperar e serían inferiores ás que está disposto a poñer o Concello, polo tanto non o veríamos viable. A conselleira pediunos tempo ata mañá para mandarnos a última proposta de financiamento plurianual para os anos 2014 e 2015 e esperemos a mañá para coñecer e estudar a proposta económica final que a Consellería de Traballo e Benestar estaría disposta a aportar para que a residencia de Ribadeo puidese unha realidade. Pero sempre, desde logo, entendendo que en quen residen as competencias realmente, que é a Xunta, deberá poñer unha cantidade certamente importante e non ser soamente un fleco da cantidade que poida poñer o Concello de Ribadeo”. Fernando Suárez pide prudencia “e unha vez que mañá saibamos a cifra final poderemos facer unha valoración máis global do futuro da residencia en Ribadeo”.
Proxecto enviado á Xunta
O rexedor engadiu que “para que se vexa a determinación que temos toda a Corporación Municipal en crear unha nova residencia en Ribadeo foi que o compromiso de redacción do proxecto témolo feito, os técnicos municipais redactaron dito proxecto que no día de hoxe xa se enviou á Xunta para a súa autorización previa”. Suárez Barcia subliñou que “a Xunta debe autorizar unha residencia independentemente de si pon diñeiro ou non para a súa construción, pero obrigatoriamente teno que autorizar. O proxecto enviado hoxe ascende a 2.300.000 euros, edificio e equipamento. E sobre esa cifra é sobre a que estamos a traballar para ver cómo se financia. Evidentemente deben ser tres partes: Deputación, Concello e Xunta. E Deputación e Xunta teñen que ser as que asuman a maior cantidade porque sería paradóxico que fose o Concello o que acabase sufragando unha maior parte, porque a Xunta é a que ten as competencias en materia de residencias e servizos sociais”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



