O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns as bases dunha nova convocatoria de becas Leonardo da Vinci, que ofrece a Deputación a mozos lucenses en paro, co obxectivo de mellorar a súa formación, con prácticas en prestixiosas empresas europeas, para, posteriormente, facilitar a súa incorporación laboral en España. Mañá, a institución abre o prazo de inscrición. Os interesados poderán formular a súa solicitude ata o 1 de outubro. Toda a información atópase en www.deputacionlugo.org.
As 70 bolsas de emprego distribúense do seguinte xeito:
– 50 prazas son para mozos da provincia menores de 35 anos, desempregados, preferentemente sen experiencia profesional, e con titulación universitaria, acadada nos últimos catro ano sobre estes sectores: medioambiente, agroalimentación, gandería, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. Supoñen prácticas durante tres meses e medio, en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.
– 20 prazas son para rapaces lucenses formados na Escola de Imaxe e Son, o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, que teñan terminado os seus estudos Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, nos últimos tres anos. Darase prioridade ás persoas en situación de desemprego, e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. As prácticas serán durante tres meses en empresas de Irlanda, Módena e Lisboa.
O custe é de cero euros para os beneficiados, xa que a Deputación asume os gastos de aloxamento ou das viaxes, ademais de xestionar os lugares de formación, con 309.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea.
250 bolsas de emprego
Esta é a 2º convocatoria de becas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia con fondos europeos. O ano pasado, a institución ofreceu outras 70 bolsas de emprego con esta programación. No 2014, o organismo provincial impulsará outras 50 tras revalidar o apoio da Unión Europea. A Deputación sumará, deste xeito, 190 becas Leonardo da Vinci que, xunto con outras convocatorias, suporá que o número total de





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



