SANTIAGO. A Fegamp acordou este mércores, tras a reunión da súa Xunta de Voceiros, expresar o seu “rexeitamento frontal” á reforma local reflectida no proxecto de lei que o Goberno remitiu ás Cortes. A postura da Federación, manifestada polo seu presidente e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, está sustentada na vulneración de “liñas vermellas” que atacan directamente os intereses dos concellos galegos e os servizos que prestan aos veciños.
Segundo detallou nunha comparecencia ante os medios de comunicación, son catro os elementos que vertebran a postura crítica da Fegamp: o traspaso dos servizos sociais ás autonomías, o reforzo das deputacións provinciais en detrimento dos concellos, o mantemento das competencias educativas nos municipios e o aumento da intervención no goberno local por parte doutras administracións.
Rey Varela lembrou que a Fegamp se opuxo desde o primeiro día a que os concellos perdan os servizos sociais, un rexeitamento que se mantén á vista do texto que aprobou o Consello de Ministros. No mesmo, esta competencia queda relegada a unha referencia residual e unicamente esixible aos concellos de máis de 20.000 habitantes. “Dixemos que non ao comezo deste proceso e volvemos dicir non agora”, afirmou.
No referente ás deputacións, a redacción do proxecto é confusa a xuízo dos servizos xurídicos da Fegamp, e abre a porta a que estes órganos absorban aqueles servizos municipais cuxo custo sexa superior ao dun suposto custo provincial. “Pedimos unha clarificación competencial, non un reforzamento”, matizou.
O presidente da Fegamp tamén criticou que se manteñan nos concellos as competencias educativas, que se limitan ao pago dos custos de mantemento e limpeza de distintos centros educativos, a pesar de que nos primeiros oito borradores do anteproxecto trasladábanse ás comunidades autónomas. “É unha competencia impropia, e non pode permanecer máis tempo nos concellos”, subliñou.
Outra discrepancia radica no aumento da intervención e o control económico dos concellos por parte doutras administracións, así como as escalas retributivas que expón o Estado para os electos municipais, “que non coinciden coas que propuxo a Fegamp e que consideramos razoables e dignas”.
Emendas ante as Cortes
Ante esta situación, a Fegamp acordou presentar un paquete de emendas ao texto legal tanto no Congreso dos Deputados como no Senado, a través dos distintos grupos parlamentarios. Para a elaboración das emendas, a Federación abrirá un prazo de propostas a todos os concellos de Galicia ata o próximo día 17 de setembro.
Un día máis tarde, reunirase a Comisión Executiva, que redactará o documento final de emendas e o aprobará. “Nas alegacións de marzo logramos un acordo por unanimidade, e creo desexable que volva ser así”, sinalou Rey Varela, quen recoñeceu a estreiteza dos prazos, dado que “o día 24 remata o prazo de presentación de emendas no Congreso”.
Estas emendas serán trasladadas aos distintos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados e o Senado. “Os prazos son moi estreitos, xa que o día 24 é a data límite para a presentación de emendas”, recoñeceu Rey Varela, que mostrou a súa confianza en que “unha vez máis, os concellos participen na redacción destas emendas e volvamos falar cunha voz única neste debate”.
A Presidencia proporá á Comisión Executiva a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria da Fegamp, no que os 314 alcaldes de Galicia poidan expresar o seu parecer “sobre unha reforma que é transcendental para o futuro dos concellos, e o que é máis importante, dos servizos que prestamos aos nosos cidadáns”, avanzou.
Por último, a Fegamp tamén solicitará á Xunta a reunión urxente do grupo de traballo de financiamento do Pacto Local, para abordar a necesidade de incorporar ao Fondo de Cooperación partidas e subvencións non finalistas antes de que se elabore a Lei de Orzamentos de Galicia para 2014.
Alcaldes de Lugo
A Xunta de Voceiros tamén mantivo na mañá de hoxe un encontro cos alcaldes de Monforte de Lemos, A Pastoriza e Pedrafita do Cebreiro, Severino Díaz, Primitivo Igrexas e José Luis Raposo, respectivamente.
Durante a mesma, o presidente e os vicepresidentes da Fegamp trasladáronlles os acordos da Xunta de Voceiros, á vez que recibiron unha serie de propostas elaboradas por distintos alcaldes de Galicia nas últimas semanas.
Rey Varela insistiu en que a Fegamp debe ser “o foro de diálogo” para abordar os problemas que ameazan ao municipalismo, como o proxecto de lei de reforma local, e defendeu o labor desenvolvido pola federación en todo este debate.
Así, lembrou como foi o primeiro ente municipalista en presentar alegacións críticas ao anteproxecto de reforma, “desde a responsabilidade de país, de vertebrar o territorio e pór en valor o labor de concellos e alcaldes”.
As propostas deste grupo de alcaldes coinciden maioritariamente cos acordos adoptados previamente pola Xunta de Voceiros. A directiva da Fegamp comprometeuse a comunicar o desenvolvemento dos mesmos conforme se vaian producindo.





















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



