A Axencia Tributaria esta a proceder a multar a todos aqueles emigrantes retornados que cobran unha pensión de xubilación polo Estado español ademais de cobrar outra polo estado ao que emigraron aínda que non superen o mínimo legal obrigatorio para facer a declaración da renda. Se ben a orixe desta sanción hai que buscala nunha modificación lexislativa realizada en 2008 con nocturnidade e alevosía, unha modificación lexislativa da que non se fixo publicidade por parte de Facenda, precisamente agardaron ao máximo legal previsto para que prescribira a multa para incoar os expedientes de sanción ao fin de impor o recargo máximo nas multas, o noso obxectivo en canto afectados, ao igual que outros afectados do Estado, e conseguir evitar a sanción.
As multas que estamos recibindo, a día de hoxe son aínda moi escasas pero en Galiza xa chegan a 3000 que se sitúan arredor dos 20.000 Euros comezarán a chegar nos próximos meses aos emigrantes retornados, fóronos impostas sen ternos informado dos cambios que se deron no modelo de tributar e sen permitirnos subsanar o erro na mesma. Neste sentido queremos indicar que Facenda non só está a reclamar os impostos que se poidan adebedar, senón que tamén inclúe, os intereses de demora e as sancións ás que nos temos referido pola cal pretenden ingresar arredor de 20.000 Euros.
Na nosa opinión consideramos unha autentica inxustiza que o mesmo Estado que nos obrigou a emigrar, o mesmo Estado que nos botou polo mundo adiante e se aproveitou das divisas do noso traballo nos multe agora impedindo resolver un erro provocado por eles, mentres promove amnistías fiscais para os ricos e os millonarios, entres algúns banqueiros que xa nos roubaron nas preferentes. Non temos a máis mínima dúbida de que estamos diante dunha estafa das dimensións da das preferentes onde mesmo se ten pretendido cobrar a persoas que morreron en 2009 ou 2010.
A propia Axencia tributaria fala de máis de 50.000 afectados na comunidade galega dos cales a metade residen nas provincias de Lugo e Ourense, polo que convocamos a todos os veciños e veciñas da Mariña que teñan emigrado e que estean cobrando unha pensión polo estranxeiro a que acudan a unha reunión informativa a celebrar o Xoves 5 de Setembro ás 19:30 na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde contaremos coa presenza dun asesor fiscal, a fin de explicar o problema, aclarar as dúbidas e manternos informados dos pasos a dar diante das inspeccións que nos vai facer facenda e de presentar as alegacións oportunas diante da primeira petición que chegará reclamándonos o diñeiro. Xa por último só nos queda convocarvos a reunión e indicarvos que Facenda está mandando primeiro as cartas coa multa aos residentes en Francia, Suíza e Alemaña para seguir co resto dos países de Europa e Latinoamerica. Ademais dos emigrantes retornados esta medida afecta a mariñeiros que estiveron embarcados en barcos de bandeira non española así como a traballadores de compañías españolas que saíron facer traballos ao estranxeiro. Xa por último lembrar o proceso de sancións que se está abrir contra aqueles emigrantes retornados que sendo titulares de bens e propiedades no estranxeiro que non declararon a medio do modelo 720 e que está a provocar multas de entre 10.000 e 50.000 Euros.
Plataforma de emigrantes retornados da Mariña.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



