O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, visitaron este venres a mesa informativa sobre a semana da mobilidade que estivo instalada entre as 10 e as 12 horas nas inmediacións da Cada da Cultura. O sábado, durante a mañá seguirá aberto o circuíto de karts no pavillón dos IES; pola tarde entre as 17 e as 19 horas desenvolverase o xogo de mobilidade Busca e rebusca a pista móbil na praza da Mariña.
As actividades da semana da mobilidade concluirán o vindeiro domingo, 22 de setembro, coa celebración do día sen coches. Desde as 9 da mañá ás 22 horas permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Pardo Bazán (tramo da intersección das rúas Curros Enríquez e Eijo Garay) e Eijo Garay (tramo de intersección das rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán). Durante esa xornada haberá unha gimkana; un obradoiro de maquillaxe e caracterización para o público infantil e degustación de produtos típicos do outono; unha demostración das mulleres palilleiras de Burela; Dispara a gol coa participación de xogadores/as dos equipos masculino e feminino de fútbol sala de Burela; un obradoiro didáctico con Ledicia; unha merenda saudable patrocinada pola ACIA local e unha actuación da asociación Batuko-Raventola.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



