CADERNOS DA VIAXE. Despois de máis de tres anos de continuos recurtes sociais, o prantexamento da candidatura Madrid 2020 amosaba unha suposta contención nos investimentos, mais agachando que cumpría construír todas as infraestruturas condenadas ao futuro desuso, como a Vila Olímpica. Ficaría un investimento pendente de 2300 M€ e estaban xa executados 6200M€, acadando mentres o Concello madrileño unha débeda de 7430 M€ (2300 €/residente). Na práctica, de lle outorgar a organización do evento, os números dispararíanse. Canto aos retornos, serían seguros, mais insuficientes para que as Administracións públicas madrileñas puidesen pensar noutra cousa ca en pagar a débeda. Non por acaso Roma, con ser Roma, desbotouse da carreira olímpica, ao priorizar o “panem” sobre os “circenses”.
Velaí como se advertiu nidiamente a diferenza entre as prioridades da cidadanía e clases medias e de determinada elite política, en colaboración con algúns operadores empresariais gorentosos de ladrillo e negocios dirixidos dende os Poderes Públicos. Porque o modelo de Madrid 2020 apostaba, no longo prazo, por unha débeda improdutiva no canto da reactivación empresarial e os servizos públicos. Para as Olimpíadas habería o que non haberá para a sanidade, educación ou innovación.
Esta realidade adubiouse estes días con doses de patrioterismo e descoñecemento do funcionamento do Comité Olímpico Internacional verdadeiramente inéditas. Despois de Brasil 2016 tocáballe, por tradición, a vez a Asia e Madrid non xogaba. De feito, a poderosa París agardou a presentar a súa candidatura até a edición do 2024, cando teoricamente lle cumpra organizar a Europa. Malia esta evidencia, algún falabarato conseguiu que os “media” madrileños repenicaran seguido que Madrid contaba con 56 votos, unha cómoda maioría absoluta. Pois ben, 26 votos obtidos, u-los outros 30?.
Canto á Galicia, excluída por Madrid da asignación das 8 subsedes (Valencia, Andalucía, Castela e Aragón, coma sempre), non perde nada con este fracaso. Porque, nesta recesión, a recentralización brutal de gasto que agochaba Madrid 2020 tería sido moi prexudicial para o noso País, que desaparecería do mapa dos investimentos públicos estatais.
Xoán Antón Pérez-Lema





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



