Este sábado os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazáronse ata a localidade de Sober para realizar a ruta dos viñedos da Ribeira Sacra. Iniciaron a súa andaina en Rosende e deseguido atoparon os viñedos de uva mencía cos que se elabora o viño D.O. Ribeira Sacra, xa degustado en época romana. Pasaron por Areas, Portizó e Hortas onde abundan as construcións tradicionais. En Nogueira puideron ver un peñasco cun conxunto de gravados prehistóricos (petroglifos). Para finalizar chegaron ao arroxo do Xabrega, onde puideron visitar un conxunto de muíños perfectamente restaurados e que no seu momento, contou con 28 muíños nun recorrido de 1200 m. Todos os participantes regresaron a Burela comentando a beleza da ruta, especialmente os tramos das bancadas dos viñedos e o percorrido final polos muíños.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



