Xove (Lugo), 10 de setembro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resaltou este martes, durante unha visita ao Concello de Xove, a necesidade de promover accións de aforro e eficiencia enerxética nos municipios galegos, que supoñen importantes aforros no custo da factura contribuíndo á mellora da súa situación financeira. Neste sentido, Conde subliñou a importancia do programa de iluminación pública exterior do Inega, que permite este ano unha actuación conxunta en Xove, Cervo e Burela que suporá aforros enerxéticos e económicos do 70% nas zonas beneficiadas.
No transcurso da visita, na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polos alcaldes dos tres municipios, Conde destacou que a actuación conta cun investimento de cerca de 150.000 euros. Así mesmo, leva aparellados tamén importantes beneficios medioambientais ao diminuírse as emisións de CO2 nunha cantidade equivalente á plantación de máis de 5.000 árbores.
O titular de Economía e Industria resaltou o peso conferido este ano aos proxectos de cooperación municipal, factor que redunda en beneficio das economías locais. Esta aposta pola cooperación, explicou Conde, reflíctese no desenvolvemento de 8 proxectos na provincia de Lugo, cun orzamento conxunto dun millón de euros, e nos que participan un total de 25 concellos, todos eles agrupados en asociacións de entre 2 e 4 concellos.
Neste contexto de impulso ás administracións locais, o conselleiro destacou o labor que está a desenvolver a Xunta de Galicia co obxectivo de cooperar no desenvolvemento de distintas actividades que contribúen a súa mellora económica e social.
Así, no último ano incrementáronse un 40% as partidas das ordes de axudas enfocadas a concellos. Este apoio, subliñou Conde, ponse de manifesto na Mariña Luguesa cunha inversión de máis de 2 millóns de euros nos últimos catro anos, o que ten permitido acadar importantes melloras non só no eido enerxético, senón tamén na dinamización do comercio local ou no impulso as parques empresariais.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



