Foz, 26 de setembro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza varias actividades culturais e gastronómicas ao longo das vindeiras semanas. A máis novidosa é a visita con guía turística e autobús de ida e volta desde Foz á Catedral de San Martiño. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras durante os próximos días nos establecementos asociados obterán tickets gratuítos para participar nesta viaxe que terá lugar os días 12 de outubro, 2 de novembro e 7 de decembro. Segundo explica o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, “a saída farase ás 11:30 da mañá desde a praia da Rapadoira, pasando ás 11:40 polas inmediacións da Casa do Concello. A volta desta interesante viaxe promocionar o noso patrimonio cultural será ás 13 horas”.
Paleo sinala que “o que queremos é ir un pouco máis alá nas propostas que desde a Asociación de Comerciantes facemos ao longo do ano potenciando e rentabilizando os recursos propios do noso concello. De aí que aproveitemos as vindeiras pontes festivas para que aqueles que nos visitan poidan achegarse a disfrutar do noso rico patrimonio cultural, como é neste caso a Catedral de San Martiño”. A iniciativa de ACIA Foz podería realizarse tamén durante o vindeiro verán coa colaboración do Concello.
O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, felicitou a ACIA por esta iniciativa: “a verdade é que este colectivo nos ten sorprendido pola multitude de campañas e pola actividade que desenvolven co obxectivo de promocionar o comercio e a hostalería e tamén o noso concello. Proba diso é esta campaña na que se oferta a todos os que consuman produtos dos locais asociados unha visita guiada á Basílica de San Martiño”. O rexedor dixo que “é moi interesante esta nova promoción. A ACIA o que tenta é motivar á xente para que coñeza o noso concello, temos aí unha xoia do prerrománico que necesita máis proxección da que ten e desde o Concello asumimos tamén a nosa responsabilidade”. E subliñou que “é un bo momento para promocionar esta xoia de Foz e da Mariña”.
O alcalde de Foz e o presidente da Asociación de Comerciantes presentaron este mediodía no salón de plenos do Concello esta actividade.
Festa do mexillón
Durante a ponte de outubro os días 11 e 12 celebrarase en preto dunha trintena de locais hostaleiros de Foz a Festa do Mexillón. José Carlos Paleo manifesta que “estamos traballando en varias citas gastronómicas e a primeira que imos facer coincidindo coa ponte festiva do Pilar é a festa do mexillón”. Os mesóns, bares e restaurantes participantes servirán tapas elaboradas con este bivalvo ao prezo dun euro.
Os establecementos son: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, A Bolera, Acuario, Oíche, Llas, Dallas, Express, May-Ros, Xoima, Anduriña, Casa da Roxa, Fina, Portovello, O Norte, Leyton, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar e O Mar.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



