Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013. Nun comunicado de prensa enviado este xoves, A Mesa alertou do proceso de desgaleguización, tamén no referido ao idioma, que esta a sufrir Novagalicia Banco desde que os Estado se fixo co seu control. Así, desde A Mesa denuncian os “numerosos pasos atrás” que a entidade está a levar a cabo en relación co uso do galego e coa garantía de atención en galego, incumprindo os compromisos que adquiriran coa súa clientela.
O presidente da entidade cidadá, Carlos Callón, lembrou que após unha campaña levada a cabo pola asociación centrada no sector financeiro se produciran importantes avances na normalización das entidades galegas, mais que tras o seu desmantelamento e venda estes avances se están a converter “en auga de castañas”.
Desde que o Estado se fixo co control de Novagalicia Banco, son evidentes os pasos atrás que desde o punto de vista lingüístico que están a dar, malia que propagandísticamente se nos queira convencer da galeguidade do proxecto. Así, se A Mesa xa conseguira hai anos que Caixa Galicia ou Caixanova garantisen a opción para a clientela de escoller o idioma de relación con estas entidades e que dispoñibilizasen a maioría dos seus contratos legais na nosa lingua, hoxe é case imposíbel asinar un contrato en galego con Novagalicia Banco, que só conserva un ou dous modelos no noso idioma.
Segundo as queixas recibidas pola Mesa, mesmo nalgunha oficinas a reforma da cartelaría interna e sinaléctica serviu para facer desaparecer o galego, como é o caso da Oficina Principal de Vigo que ten sinalizados os postos só en español (“caja rápida”, etc.).
Desde A Mesa reclamaron que o Estado garanta o uso do galego nas entidades que están nas súas mans e que se respecten os dereitos lingüísticos das aforradoras e dos aforradores galegos.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



