Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Co lema “Móvete por un ar máis limpo” quérese destacar o impacto do transporte a motor no ar que respiramos. Mentres, a Xunta insiste na falsa mensaxe da boa calidade do ar en Galiza.
Os estados desoen as recomendacións da OMS sobre a calidade do ar
As emisións dos vehículos a motor son a principal causa da contaminación das cidades. A este respeto, as recomendacións da OMS (de 2005) sitúan os niveis adecuados para garantir a saúde pública varias veces por baixo do legalmente establecido no estado (R.D. 102/2012). Deste xeito, o valor límite diario de dióxido de xofre na lei estatal (SO2) é 6 veces superior á recomendación da OMS; os valores límite anuais de partículas PM10 e PM2,5 duplican os recomendados pola OMS, e o valor obxectivo octohorario do ozono (O3) á un 20% superior ao da Guía da OMS.
A mobilidade para a Xunta: Poder ir a todos os sitios en coche
Calcúlase que no morren en España arredor de 20.000 persoas a causa da contaminación atmosférica das cidades. En Galiza a cidadanía seguimos a ser vítimas dunha irracional política de transportes (o Plano MOVE da Xunta) deseñada por e para o automóbil e a sufrir os efectos da contaminación dos coches.
Mentres, a Xunta semella satisfeita coa propaganda sesgada sobre calidade do ar nas cidades, malia a que en moitas infrínxense amplamente as recomendacións da OMS. Os dados das distintas estación de control atmosférico da nosa comunidade reflicten continuamente superacións dos máximos recomendados en óxidos de nitróxeno (NOx), partículas grosas (PM10), partículas finas (PM2,5)… A suposta boa calidade do ar en Galiza, particularmente na contorna das cidades e non é máis que unha falacia.
Non existen pois existen motivos para a tranquilidade e moito menos para a satisfacción ou a autocompracencia. Unha cousa é cumprir formalmente a lexislación vixente (aínda que abeirando os máximos permitidos) e outra seguir as recomendacións da OMS. Son estas as que as administracións deberían ter en conta para garantir efectivamente a nosa saúde.
Xunta e concellos deberían amosar un maior compromiso coa mobilidade sustentábel, hoxe esquecida das políticas públicas de transporte, dominadas polo asfalto e as vías de alta capacidade. As receitas, non por coñecidas, están a ser aplicadas: Inserir as necesidades de mobilidade no deseño habitacional para reducir a demanda do transporte motorizado; favorecer a intermodalidade, o transporte colectivo e o ferrocarril de proximidade; e deixarse de planos MOVE que só supoñen máis desbaldimento de cartos públicos, contaminación e enfermidades.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



