Lugo, 9 de setembro de 2013.- A Consellería de Educación investiu e Ordenación Universitaria investiu nos últimos meses máis de 760.000 euros (762.291,49 euros) na realización de obras de reforma e ampliación orientadas a mellora das dotacións nos centros educativos de titularidade pública da provincia de Lugo que acollen Educación Infantil e Educación Primaria, ciclos nos que comezarán as clases a próxima semana.
Así o destacou a delegada territorial da Xunta na provincia, Raquel Arias, que subliñou “o esforzo económico do Goberno autonómico para mellorar as instalacións dos centros educativos de Lugo e ampliar as dotacións das que dispoñen os alumnos”. Arias asegurou ademais que se seguirá traballando para que “a oferta educativa pública na provincia sexa o máis completa posible, é para iso trabállase para dotar aos centros do equipamento necesario, optimizando os recursos públicos”.
No conxunto da provincia, realizáronse traballos de mellora das instalacións en preto de medio cento de centros de Infantil e Primaria. Así, na zona da Terra Chá, leváronse a cabo, por exemplo, actuacións e melloras subvencionadas pola Xunta de Galicia no CEIP Lagostelle de Guitiriz, no que se procedeu á reforma da instalación eléctrica e a substitución do depósito de gasoil para abastecemento do centro (30.754 euros) e na comarca de Terra de Lemos, entre outras actuacións, investiuse no CEIP Monte Baliño de Pantón levouse a cabo unha reforma dos baños do centro na que se investiu 56.801,60 euros.
Unha actuación semellante a esta última levouse a cabo no CEIP de Palas de Rei, co que se arranxaron os baños da planta baixa do edificio mediante unhas obras financiadas mediante unha achega de 44.942 euros por parte da Consellería de Cultura e Educación. No CEIP Xoan de Requeixo de Chantada e no CPI San Tomé de Carballo (Taboada) melloráronse as instalación de peche de distintas dotacións, mediante achegas de máis de 35.000 euros. Tamén se levou a cabo o peche da zona empregada polos alumnos de Infantil no CEIP Frei Luis de Granada, en Sarria, na que se investiron máis de 9.000 euros.
Actuacións na cidade de Lugo e na comarca da Mariña
Tamén no concello de Lugo se procedeu a reformar e mellorar as instalacións dos centros, e, neste sentido, entre outras actuacións, procedeuse a reformar os baños exteriores do CEIP Manuel Mallo (21.773,51 euros), acondicionouse o comedor do CEIP Anexa (17.189,91 euros) e substituíuse o depósito de gasoil do CEIP A Ponte (11.790,24 euros).
Por último, na comarca da Mariña, o Executivo galego realizou traballos, por exemplo, no CEIP Fondo Nois de Foz, no que se investiu unha dotación de preto de 58.000 euros na instalación dunha nova cuberta para o parque de xogos. Unha dotación semellante empregouse no CEIP Pedro Caselles Rollán, no que a través dos traballos impulsados polo departamento educativo durante o período estival, se está a rematar a substitución da cuberta do edificio no que se substituíron tamén os canalóns e baixantes para a evacuación de augas.
Neste último centro estanse a levar a cabo os últimos retoques, que, segundo a empresa encargada dos traballos, estarán rematados esta mesma semana, sen que interfira no inicio de curso escolar. Deste xeito, ao igual que no centro xovense, a realización das obras advírtese que contribuirá a un inicio de curso 2013-14 que transcorra con normalidade.
A delegada territorial insistiu en que, deste xeito, “a Xunta de Galicia confirma a súa aposta por unha educación de calidade e reforza o seu investimento na provincia de Lugo” para a adaptación e mellora dos centros educativos en equipamento, en normativa eléctrica, seguridade, accesibilidade e salubridade. Neste sentido, Raquel Arias asegurou que “con esta nova proba do compromiso da consellería co interior de Galicia, o obxectivo é que os colexios da provincia de Lugo teñan unhas instalacións de calidade”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



