O Colectivo Buril finaliza un intenso mes de setembro no que tiveron lugar as III Xornadas de Historia Local e un concerto solidario pola Sanidade Pública. O próximo fin de semana haberá sesión dupla, con actividades programadas tanto para o sábado como para o domingo, pechando a programación de verán e dando xa entrada á programación teatral de outono.
O sábado 28 terá lugar o tradicional Aberto do Bonito, torneo de billarda do que se celebra a súa quinta edición. O Aberto, proba puntuable para a Liga Nacional de Billarda (LNB), terá lugar a partir das 16:00 horas na explanda do Porto de Burela. As persoas interesadas en participar poderán anotarse previamente no enderezo ccburil@gmail.com ou ben poderán facelo o mesmo día presentándose no lugar do torneo entre as 16:00 e 16:15 h. Haberá trofeos para as persoas participantes e un bonito fresco para o gañador ou gañadora deste V Aberto do Bonito.
Xa na xornada do domingo, dará comezo a programación teatral do Buril para este outono, coa compañía Alentía Teatro, de Palas de Rei, que porá en escena a peza teatral Lambetadas de Fantasía, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura. Esta función forma parte do Circuíto Buxiganga 2013, vai dirixida a un público infantil e familiar e terá entrada gratuíta.
Na primeira semana de outubro desenvolveranse as XIV Xornadas Teatrais do Buril, que terán lugar os días 3, 4, 5 e 6 de outubro e que serán apresentadas aos medios nos próximos días. Para rematar, o día 18 de outubro, pecharase este ciclo teatral de outono organizado polo Buril, da man da compañía Do Miolo e Cía., coa obra Non son D’acó (nin D’acolá), tamén dentro do proxecto teatral Buxiganga.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



