Nos últimos días véñense producindo importantes danos ocasionados polo xabarín en moitos cultivos de explotacións da comarca co conseguinte prexuizo económico as explotacións que xa se atopan en situacións moi críticas, debido aos elevados prezos dos concentrados e outros insumos.
Dende o ano 2009 a Xunta de Galiza só pagou unha parte das axudas comprometidas na convocatoria dese ano (dog nº50 do 12 demarzo do 2009). No ano 2010 publicouse a convocatoria da axuda (dog nº 72 do 19 de abril de 2010), pero non se chegou a pagar nin un só euro dos comprometidos na mesma. O 1 de febreiro do 2010, en declarcións á prensa, a Consellería do Mediro Rural e do Mar (CMRM) afirmaba que “este ano, as axudas retrasáronse, pero quen non cobrou o fará en breve”, cousa que nunca chegou a acontecer.
Esta situación de desinformación prolongouse ate despois das eleccións municipais do ano 2011, data a partir da cal, a CMRM non volveu a publicar a liña de axudas que existía para estos danos. A falta de apoio da administración leva parello que a maioría dos titulares das explotacións deixen de denunciar e dar conta destes danos, polo que non podemos ter un coñecemento acaído do que está a acontecer e da gravidade do problema.
Para FRUGA non é ningunha solución a este grave problema trasladarlle a responsabilidade aos TECORES. En primeiro lugar, parécenos unha deixación de funcións por parte da administración pública como principal valedora dos nosos sectores productivos, xa que é a administración a que ten a capacidade técnica e económica para encarar e darlle solución ao problema da fauna salvaxe. En segundo lugar, é materialmente imposíbel na realidade actual que os TECORES teñan capacidade para asumir o control de toda a fauna salvaxe que exista no seu couto e asumir tamén toda a responsabilidade dos danos que esta fauna ocasione a terceiros.
O Goberno Galego pasándolle a responsabilidade aos TECORES, o único que pretende é fuxir dunha responsabilidade, que para FRUGA lle corresponde predisamente á propia Xunta. Ao mesmo tempo enfronta a uns veciños con outros para desviar a atención e poder así “labarse as mans”.
Debemos incidir tamén en que o incremento dos danos da fauna salvaxe sobre os cultivos é consecuencia do abandono e desestructuración do medio rural galego, froito das políticas erradas que o Goberno do PP está a desenvolver na Xunta de Galiza. Para FRUGA existe unha relación directa entre a situación de abandono do noso medio rural por parte do Goberno Galego e o aumento dos danos causados pola fauna salvaxe.
Por todo isto, esiximos da Xunta que asuma as súas responsabilidades de goberno e acometa as seguintes accións:
-Estudo da situación actual da fauna salvaxe en Galiza, comezando por elaborar un censo da poboación do xabarín e habilitando as ferramentas precisas para a recollida de información de danos en cultivos, co obxetivo de elaborar un mapa de danos. Este estudo de situación deberá derivar nun plan de actuación público, baixo a dirección, supervisión e apoio económico da Xunta e que teña como finalidade a prevención dos danos ocasionados nas explotacións galegas.
-Habilitar de xeito urxente, liñas de axudas operativas todo o ano, con orzamento suficiente, que cubran o total dos danos feitos pola fauna salvaxe, incluidas as perdas de colleitas e a reabilitación das zonas afectadas.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



