Burela, 5 de setembro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros de Obras e Servizos Sociais, Manuel Fernández Valle e Diana Durán, acompañaron á delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, no inicio do curso académico na escola infantil de Burela.
O rexedor dixo que “nós temos unha preocupación especial pola educación, tal e como se demostrou ao longo destes anos coa posta en marcha de actividades nos centros de ensino de infantil e primaria para conciliar a vida familiar e laboral e ao longo deste verán realizamos tarefas de mantemento na escola infantil. Pintáronse varandas e procederemos en breve ao pintado tamén dalgunha instalación interior”.
González Barcia engadiu que “iso quere dicir que o compromiso que nós temos co mundo da educación é absoluto” e lembrou que “tanto o primeiro edificio da gardería coma a ampliación foron consecución de gobernos tanto na Xunta como no Concello do PP. Iso demostra ata que punto estamos comprometidos con este tema. Non nos esquecemos tampouco da segunda escola infantil para Burela. Nese sentido a aprobación definitiva do PXOM pode ser determinante para buscar a ubicación desa segunda escola infantil para Burela”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



