Santo André de Boimente, 22 de setembro de 2013.- A Directiva “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana a segunda viaxe do proxecto Turisteando por Terras Lucenses-2013” que puxo en marcha hai un ano este colectivo co obxecto de redescubrir a beleza do patrimonio cultural, histórico e industrial, así como para contribuír a poñer en valor a riqueza dos recursos naturais da provincia lucense e ao mesmo tempo potenciar o coñecemento das actividades artesanais, empresariais e lúdico-culturais desenvoltas por toda a xeografía lucense.
A primeira parada deste grupo de viaxeiras/os foi nas Terras de Miranda para coñecer o rico patrimonio do concello da Pontenova. Concello no que visitaron o seu famoso Santuario de Santa María de Conforto e o Museo de Arte Sacro que inauguraron no ano 2000 e onde se conserva unha variada e rica colección de pezas de arte sacro composta por vestiario litúrxico, platería, imaxinería, pinturas relixiosas e unha biblioteca dotada con máis de 200 libros de temática relixiosos.
De volta ao casco urbano da Pontenova, o grupo paseou á beira do río Eo ata achegarse ao obradoiro fundado no ano 1951 da Carpintería Alejandro, onde tiveron a ocasión de ver unha demostración detallada do funcionamento deste obradoiro no que se restauran mobles antigos e reproducións de época. Rematada esta visita os excursionistas achegáronse ata a Sá de Exposicións da oficina de turismo da Pontenova para coñecer a través da exposición permanente de fotografías antigas a historia das Minas de Vilaoudriz e os Fornos da Pontenova, un dos exemplos do patrimonio industrial máis monumentais e mellor conservados que coñecemos en todo o estado español.
Logo de disfrutar dun xantar ben merecido no Restaurante Briz o grupo de viaxeiras/os puxeron rumbo ao concello de Ribadeo, onde os esperaba o Albatros V para gozar dun percorrido pola Ría nunha espléndida tarde e nun marco incomparable para despedir o verán.
Feita esta pequena incursión marítima desprazáronse no bus para visitar, da man da guía turística Naomi, o famoso Cargadoiro de minerais, hoxe Mirador e achegáronse durante o atardecer á Illa Pancha e ao Monte de Santa Cruz para admirar a beleza da paisaxe e gozar das imponentes vistas á ría de Ribadeo
Antes de dar por finalizada a estancia nesta sorprendente cidade, Naomi sorprendeunos cunha ruta turística nocturna polas distintas zonas do casco histórico de Ribadeo, durante a cal as viaxeiras/os tiveron a oportunidade de coñecer diferentes aspectos da historia da cidade e dos seus edicificios máis emblemáticos, como son o Pazo de Ibáñez, a Torre dos Moreno e a Igrexa de Sta. María do Campo.
A Directiva agradece aos seus compañeiros de viaxe a súa participación nesta iniciativa e aproveita para recordarlles ás súas socias que o vindeiro sábado, 28 de setembro, a partir das 17.00 horas, terá lugar a IIIª e última fase do proxecto piloto de compostaxe caseira.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



