Lugo, 6 de setembro de 2013. Este venres, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación, o delegado de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, esixiu á Xunta de Galiza unha nova política contra os incendios e medidas urxentes para paliar os danos provocados pola vaga de lumes que afectou severamente a moitos concellos de Galiza e tamén de Lugo, como Navia ou Palas de Rei. Para Mario Outeiro, “é clave que a Xunta, que é quen ten competencias directas na materia, propoña medidas para ordenar os espazos forestais, realice unha mellor prevención dos incendios e inclúa un control das terras agrarias xunto a unha política de reactivación da actividade agraria, renunciando aos recortes nestas áreas tan sensíbeis”.
Tal e como defendeu Mario Outeiro, “renunciar aos recortes nos servizos públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para previr e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización dos recursos”. Mario Outeiro afirmou tamén que “a Xunta de Galiza debe revisar de xeito inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e contribuír a súa extinción.
Finalmente, Mario Outeiro defendeu que “as axudas da Xunta e do Estado deben dirixirse ao restablecemento das infraestruturas públicas e privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de terras a ríos e ao mar”.
Inauguración da Casa Museo de Manuel María
Mario Outeiro estendeu a invitación a participar mañá en Outeiro de Rei na inauguración da Casa Museo de Manuel María, un proxecto xurdido da Fundación Manuel María e que desde o primeiro momento contou co respaldo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. De feito, malia que outras administracións tamén colaboraron na musealización da casa natal de Manuel María, foi a Área de Cultura quen arroupou o proxecto desde os seus inicios. De feito, ao longo dos anos que levou o proceso de creación da casa museo, a Área de Cultura da Deputación aportou 330.000 euros tanto para a súa adquisición por parte da Fundación Manuel María, a súa rehabilitación e a posterior musealización.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



