Barreiros, 28 de setembro de 2013. O BNG de Barreiros presentará, para ser debatida no vindeiro pleno do luns, unha moción na que solicitan “esixir a José Alfonso Fuente Parga, José Manuel Gómez Puente, José Rojo Blanco e Lorenzo Penabad Bolaño, como membros da Xunta de Goberno que adoptou o acordo de despedimento de dúas persoas, que se fagan cargo solidariamente do reintegro das cantidades que tivo que abonar o Concello de Barreiros como consecuencia das súas decisións como equipo de goberno.”
Os nacionalistas argumentan que durante o ano 2012, como consecuencia da aplicación do plan de axuste no Concello de Barreiros, aprobado en solitario polo Partido Popular, se procedeu a despedir a dúas persoas que prestaban os seus servizos ao ente municipal. Tras as alegacións presentadas polas persoas despedidas e unha primeira sentenza na que se advertía que o despedimento era improcedente, o Concello de Barreiros seguiu adiante co despedimento, recorreu a sentenza inicial e acabou sendo condenado a indemnizar a estas persoas.
Para o BNG, esta indemnización que hai que afrontar con cartos públicos de todas as veciñas e veciños de Barreiros, é consecuencia directa da actuación das persoas que formaban parte da Xunta de Goberno (Alfonso Fuente, José Manuel Gómez Puente, José Rojo e Lorenzo Penabad) que decidiron seguir cos despedimentos a pesar de saber que ían supor un custe para as arcas municipais de máis de 16.000€.
“Non podemos esquecer ademais, que unha das persoas despedidas, das que os Tribunais de Xustiza aseguran que non existiron razóns obxectivas para o seu despido, ten relación familiar con unha persoa que formou parte da candidatura do BNG nas pasadas eleccións municipais; polo que podería tratarse dun despedimento realizado por cuestións políticas e non por criterios económicos, como pretenderon xustificar e que foi descartado pola propia xustiza.”
Por estas razóns, desde o BNG consideran que “Barreiros non merece un goberno nin un Alcalde que poida actuar por vinganzas persoais ou políticas, antepoñendo estas a cuestións de bo funcionamento de concello. E, polo tanto, o desembolso de diñeiro que teña que facerse como consecuencia de actuacións persoais, deben pagalo as persoas que adoptan esas decisións a sabendas de que non son as máis beneficiosas para o conxunto da veciñanza. Desde logo, non poden ser as veciñas e veciños de Barreiros os que paguen máis caprichos do señor Fuente Parga nin do seu equipo de goberno”, conclúen os nacionalistas.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



