Foz, a 3 de setembro de 2013.- Xan Carlos González Basanta, portavoz municipal do BNG presentou este martes unha moción diante do pleno da corporación municipal para “demandar medidas para paliar os danos causados pola vaga de lumes e unha nova política forestal contra os incendios”.
Para o portavoz municipal, o actual Goberno galego acometeu medidas que agravaron a desprotección do territorio e das persoas ante a ameaza dos incendios forestais.
Por unha banda o PP promoveu medidas lexislativas consistentes na eliminación ou redución considerábel das distancias de separación das plantacións forestais aos núcleos rurais, na autorización de novo das plantacións de masas continúas de especies pirófitas, na supresión de faixas de especies frondosas que actuaban de corta lumes, ou na eliminación de medidas que pretendían implicar á poboación na xestión e defensa do monte, como son a desaparición do voluntariado do monte ou das axudas para brigadas de prevención das propias comunidades de montes, entre outras.
Por outra banda, os recortes indiscriminados aplicados polo PP desde 2009 tamén afectan de cheo a un dispositivo de emerxencias e seguridade, como é o da loita contra o lume, que retornou a un nivel de recursos similar ao de hai unha década, agravado por unha nefasta xestión administrativa que demorou o seu desenvolvemento até moi avanzada a época de alto risco, así como a case total eliminación de actuacións preventivas básicas, e finalmente, retomou un modelo de dispositivo fracasado, co regreso de brigadas municipais, sen unhas mínimas esixencias profesionais e que favorecen a fragmentación do mando único do dispositivo.
O portavoz municipal nacionalista manifestou ademais que non vale parapetarse na acción delictiva dos que que queiman o monte senón que ordenar os espazos forestais, desenvolver unha política de prevención de incendios, controlar as terras agrarias e aplicar unha política de reactivación da actividade socioeconómica neste campo, son factores importantes que o goberno galego debe atender. Engadiu que ‘renunciar aos recortes nos servizos públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para prevenir e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización dos recursos”.
Basanta afirmou tamén que “a Xunta de Galiza debe revisar de xeito inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e contribuír a súa extinción”.
Finalmente, o portavoz municipal do BNG, dixo que “as axudas da Xunta e do Estado deben dirixirse ao restabelecemento das infraestruturas públicas e privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de terras a ríos e ao mar”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



