Lugo, 19 de setembro de 2013. Este xoves o BNG presentou unha denuncia ante o Ministerio Fiscal en contra do Partido Popular polas inxurias e calumnias dirixidas polo Partido Popular cara a persoa de Antonio Veiga en condición de Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo en relación a unha suposta trama de asesores do Bloque Nacionalista Galego inventada polo propio Partido Popular, disposto, sempre, “a converter a actividade política nunha lameira” – afirmou Antonio Veiga. Xunto á denuncia, o propio Veiga presentou un dossier con toda a información publicada nos medios onde se comproban as diferentes mentiras vertidas cara a súa persoa e o BNG.
O vicepresidente da Deputación e deputado provincial do BNG, Antonio Veiga, afirmou que “no Bloque Nacionalista Galego non somos partidarios de xudicializar a política, mais non podemos permitir que o Partido Popular siga a converter as mentira e as calumnias no eixo central da súa maneira de facer política de xeito impune”.
Tal e como explicou Antonio Veiga “o Partido Popular sabe e é consciente de que a trama de asesores que se empeña en denunciar non existe, como xa se demostrou con informes do servizo de Recursos Humanos da Deputación e coa Relación de Postos de Traballo da mesma institución. A pesar deses documentos, dos que teñen coñecemento e que incluso se mostraron no último pleno, o Partido Popular segue a mentir e non imos tolerar que nos impute delitos que non existen. Non só me está imputando delitos a min senón que tamén llos está imputando a unha institución como é a Deputación Provincial, un organismo público que ademais, segundo estudos independentes sobre transparencia, é unha das institucións provinciais de todo o Estado máis transparentes na súa xestión.
“Non deixa de ser sorprendente e incluso traxicómico que o Partido Popular se presente como valedor e garante dos recursos públicos cando é a formación dos sobres de Bárcenas. É obvio que o PP non está lexitimado para dar leccións de ética a ninguén cando aínda non son capaces Feijoo nin Barreiro as contas e os donativos ao seu partido recollidos nos papeis de Bárcenas” – afirmou Veiga.
“Desde o Bloque Nacionalista Galego –remarcou Veiga- seguimos insistindo no que xa demostramos varias veces, en que os asesores do BNG nunca cobraron da Deputación sempre estiveron e están adscritos ao Grupo Provincial nacionalista, non á ningunha área dependente do BNG. Todos os traballadores aos que se refiren os populares nunca cobraron dos fondos da Deputación, senón que cobraron e cobran dos fondos asignados ao Grupo Provincial do BNG”.
Por último, Veiga afirmou que “visto que o Partido Popular non rectificou as súas acusacións e insiste en mentir para ter protagonismo, véxome na obriga de presentar esta denuncia ante o Ministerio Fiscal”.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



