Lugo, 24 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego presenta no Parlamento galego unha proposición non de lei instando á Xunta de Galiza a paralizar o medicamentazo tras a decisión do Goberno do Estado de fixar un novo copago para determinadas medicacións, concretamente para aquelas que se dispensan a través da farmacia hospitalaria, tal como se recolle no BOE do 19 de setembro, e que representa un ataque sen precedentes ao sistema sanitario público e deixa ao descuberto a verdadeira cara deste Goberno.
O deputado nacionalista Cosme Pombo asegura que “a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade, posto que están a cobrar por medicamentos como Afinitor o el Tyverb utilizados para retrasar o cancro de mama, o Votrient ou Temodal utilizados para o tratamento do cancro de ril e os tumores cerebrais respectivamente, a máis doutras medicacións como LCM prescritos para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos non resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. E así até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos, que segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para ser considerados de aportación reducida, ao tratarse de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estando limitada a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais”.
Pombo indicou que “estamos diante dun Goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos. Tanto é así que segundo fixa o BOE a aportación do usuario para estes medicamentos que estaban exentos do copago será dun 10% do PVP, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme ao fixado na Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde, o que significa que si o medicamento costa 30 euros a achega será de 3 euros, pero si o medicamento costa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Abonda fixarnos nestes números para concluír que estamos diante dun goberno que carece de corazón, que segrega en función do poder adquisitivo das persoas e que deixa tiradas, mesmo diante da morte, a aquelas persoas que máis precisan da axuda do Estado”.
O Bloque Nacionalista Galego anunciou “a vontade de dar unha batalla sen tregua para que esta resolución non se aplique en Galiza, agora ben, esta é unha batalla que ten que dar o conxunto da sociedade galega alén das estruturas partidarias. A propia vicepresidenta do Goberno, o pasado venres, na rolda de prensa pronunciada após o Consello de Ministros, expresou con claridade que é decisión das autonomías aplicar ou non esta resolución polo que urximos á Xunta de Galiza a que non aplique o recollido no BOE. Gobernos autónomos de diversas opcións ideolóxicas xa anunciaron que non van aplicar o copago nestes medicamentos. Comunidades gobernadas polos nacionalistas, como Euskadi, polos socialistas, como Andalucía, ou Castela León polo PP, que xa expresaron a súa negativa a cobrar por esta medicación. Agardamos que o Goberno da Xunta siga o exemplo dos seus correlixionarios de Castela e León e modifique a súa posición de fixar un copago para doenzas tan sensíbeis”.















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



