Lourenzá, 13 de setembro de 2013. A estrada coñecida como Camiño A reabriuse ao tráfico este xoves despois das obras de arranxo realizadas pola Xunta de Galicia. Anunciouno este venres a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, quen explicou que agora a Deputación Provincial de Lugo ten un mes de prazo para asumir a titularidade deste vial.
A rexedora municipal manifestou hoxe que “no día de onte reabriuse ao tráfico a estrada coñecida como Camiño A, onde acaba de arranxar a Xunta, a través do ente público Augas de Galicia, un badén que había sobre o río Batán ao seu paso por Sendín, que primeiro fora reparado polo Concello e posteriormente derrubado outra vez polas riadas de xaneiro deste ano. Con isto demostramos que o Concello de Lourenzá aceptou desde un principio que ese vial era titularidade do Concello e abrimos a vía para poder negociar coa Deputación de Lugo e dar por finalizado un acordo que empezou no ano 2005 para o traspaso desta estrada á titularidade da Deputación de Lugo. A partir de agora só queda esperar un mes, que foi o prazo que acordarmos na sesión plenaria da corporación municipal na que se aprobou por unanimidade unha moción que fixemos conxuntamente o Partido Popular, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista, coa cal instábamos á Deputación de Lugo a asumir a titularidade este vieiro no prazo dun mes despois de estar finalizadas as obras”.
Polo tanto “este mesmo venres comunicarémoslle á Deputación de Lugo que se remataron eses traballos e que xa estamos á súa disposición para asinar o convenio, unha vez eliminada aquela cláusula na que nos poñían que tíñamos que facer case unha autopista nese camiño para que acepten a súa titularidade. Esperamos que fagan caso a esa moción conxunta das tres forzas políticas do Concello de Lourenzá aprobada recentemente no pleno da corporación municipal e que dunha vez por todas a Deputación de Lugo deixe o sectarismo político e cumpra un acordo que xa ven do ano 2005 e debería estar rematado no 2007”, rematou Emma Álvarez.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



