Foz, 7 de setembro de 2012. O Club Fluvial de Lugo foi o gañador da III Copa Deputación de Piragüismo, así como da sexta e última regata, disputada este sábado en Foz, na que participaron máis de 150 palistas, quedando segundo clasificado o Club Kayak de Foz, e terceiro o Club Piragüismo Viveiro. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, foi o encargado de entregar os premios e clausurar esta competición.
Neste sentido, Antonio Veiga felicitou a todos padexeiros que participaron nas seis regatas que compoñen a III Copa Deputación de Piragüismo e amosou o seu agradecemento “a cada un dos clubs que apoiaron e colaboraron no desenvolvemento desta terceira edición, pois un dos principais obxectivos que nos marcamos desde a área de Deporte da Deputación é a revitalización dun deporte histórico na provincia, como é o piragüismo, para o que é imprescindible a colaboración dos clubs, auténticos motores do deporte”.
O vicepresidente da Deputación de Lugo fixo fincapé no feito de que “se mantivo a cantidade económica destinada á organización respecto á primeira edición, grazas ao incremento do número de fichas federativas, co que cada vez máis xente practica piragüismo en Lugo, polo que estamos vendo o noso obxectivo cumprido”.
Desde maio ata o mes presente disputáronse as 6 regatas puntuables que conforman esta competición provincial, e na que se deron cabida todas as categorías de idade, desde benxamín ata veteranos na modalidade de kaiak, e desde infantil ata veterano, en canoa; cada unha delas organizada en colaboración con cada club participante no seu lugar de orixe; esta última co apoio do Club Kaiak de Foz.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
