Seguindo a liña de traballo deste ano, adicada ao Rural Barreirense, o Colectivo Cultural Ollomao organiza para o próximo SÁBADO, 7 de SETEMBRO o, o IV Roteiro Fotográfico. Ollomao vén realizando esta actividade de maneira parelela ao certame fotográfico “Enfocando Barreiros”, que este ano, na súa terceira edición, leva por tema tamén o rural barreirense. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, á vez que ofrecer un espazo de participación e convivencia para as persoas amantes da natureza e aficionadas á fotografía.
O punto de partida para o roteiro está sinalado na planta CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno- Irmandiños) na parroquia de Vilarmartín Grande, ás 09:30 da mañá. Este roteiro é circular de xeito que o punto final está situado no mesmo lugar que o punto de saída, onde todas as persoas que desexen participar poderán deixar aparcados os seus vehículos no tempo de duración do roteiro. Está prevista unha duración aproximada de 5 horas e o percorrido a realizar dun total de 15 km. comprende os lugares de A Cabana da Vella, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira e Cabarcos. Ao igual que o resto de roteiros organizados polo colectivo barreirense, este será tamén guiado e contará coa participación dun experto en materia de historia local que explicará puntos de interese que se vaian atopando ao paso como o antigo Concello de Cabarcos, o cárcere e a antiga notaría.
Dende Ollomao informan que a ruta planificada discorrera en todo momento por camiños asfaltados. Recoméndase que cada partipante vaia provisto con calzado e roupa axeitados, así como de comida e bebida para o seu consumo durante o roteiro. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas non sendo preciso apuntarse por adiantado, abonda con estar no lugar e hora indicados para o punto de saída. Todas as persoas que desexen aclarar algunha cuestión relativa a esta e outras actividades do colectivo poden dirixir as súas dúbidas por correo electrónico ao enderezo: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao informan tamén que o prazo para a participación no certame fotográfico foi ampliado ata o día 30 de Setembro, co cal animan a todas as persoas que gusten da fotografía a tomar parte nos roteiros a celebrar durante este mes de Setembro, sendo unha boa ocasión para a captura de instantáneas da zona rural do Concello de Barreiros. Asimesmo, convidan a participar a todas as persoas que gusten de facer camiñatas aínda que non sexa con motivo da fotografía.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



