Foz, 25 de setembro de 2013. O Concello de Foz pon en marcha o vindeiro luns, 30 de setembro, unha escola de pais e nais dentro do Plan de Redución do Abandono Escolar, que continúa tamén con outras actividades. Anunciouno hoxe a concelleira de Educación e Xuventude, Mercedes González Alonso.
“Por unha banda segue activo o Servizo de Información e Tramitación de becas e axudas para estudantes na Casa da Xuventude. A través deste servizo pais, nais e estudantes poden tramitar as súas becas, informarse de axudas, etcétera. Para dar unha mellor atención establécese a cita previa a través do teléfono 982.13.30.37, evitando así esperas innecesarias”, explica a Delegación Municipal de Educación, que tamén lembra que “segue en funcionamento o blog de Educafoz no enderezo electrónico www.educafoz.com, onde se pode obter todo tipo de información en materia de educación”.
E, por último, dá a coñecer a posta en marcha da escola de pais e nais a partir do vindeiro luns, 30 de setembro, de 19 a 20 horas na Casa da Xuventude: “un proxecto que nace coa intención de servir de punto de encontro a pais e nais e para darlles as ferramentas necesarias para axudar aos fillos e fillas no seu traballo diario encamiñado ao éxito escolar. En ocasións os proxenitores senten a frustración de non poder botar unha man aos nenos e nenas nas súas tarefas, problemas,… A través destes obradoiros aprenderán técnicas e compartirán experiencias sobre a educación”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



