Santiago, 7 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, pediu a blindaxe do sector conserveiro galego ante o risco que entraña un acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Tailandia. O popular explicou que a supresión ou minoración de aranceis co país asiático tería un impacto negativo no sector da conserva galega como consecuencia da competencia desleal dos produtos tailandeses
Balseiro fai unha incondicional defensa da industria das conservas de peixes e mariscos galegos, e adianta a intención do Grupo Popular de trasladar diversas iniciativas no Parlamento galego en apoio do sector e en relación coa negociación comercial entre a Unión Europea e o Reino de Tailandia. Neste sentido, sinala que as autoridades deben buscar mecanismos de defensa dos intereses do sector conserveiro do noso país.
SALVAGARDAS
Entre as medidas propostas, defendidas tamén polos representantes do sector conserveiro, están posibles salvagardas como a exclusión do atún deste acordo con Tailandia ou obrigar á industria asiática a cumprir os mesmos requisitos hixiénico-sanitarios que a europea, esixencias que a día de hoxe non cumpren.
De feito, a propia Comisión Europea recoñeceu en múltiples ocasións problemas coas importacións de conservas de atún de Tailandia e fallos nos procedementos de control da industria tailandesa. Pola contra, a industria conserveira galega garante a máxima calidade nutricional e os maiores avais hixiénico-sanitarios.
Tailandia é o maior produtor e exportador mundial de latas de atún e, polo tanto, constitúe un dos principais competidores da industria conserveira galega. Pola súa banda, a conserva española, liderada polo sector galego, é o primeiro productor en Europa e o segundo no mundo. Só na Comunidade galega xérase o 85% da produción española e da traballo a 12.000 profesionais, o 79% deles mulleres.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



