Lugo, 27 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Vidal Martínez-Sierra quixo aclarar este venres, ante as confusións sobre o noso sistema de acceso aos comedores escolares que máis do 60% dos alumnos disfrutarán deste servizo de xeito absolutamente gratuíto e o resto o fará en función da renda familiar.
Dixo tamén que os 4,5 euros por día –dos que algúns falan- é o tope máximo que so pagarán aquelas rendas máis altas e que, polo contra, a inmensa maioría moverase entre a gratuidade total o un pago dun só euro ao día.
INTRODUCIR O CRITERIO DE RENDA
Vidal Martínez-Sierra aclarou que o actual modelo é unha medida máis equitativa e social, que vén a poñer solución ao un copago que instaurado polo bipartito non era xusto para as familias que menos ingresos teñen.
“Mentres que, por exemplo, o fillo dun deputado por ser alumno transportado non tiña que pagar nada, un neno cos seus pais en paro sen transporte víase na obriga de asumir polo menos 1,6 euros por menú. Esta situación inxusta e insolidaria mudouse para ben co novo sistema”-aclarou Martínez-Sierra
Martínez-Sierra defendeu que desvincular o uso do comedor do transporte e establecer o acceso como comensal en función de criterios de renda é implantar un modelo máis xusto e solidario, no que os recursos públicos se destinarán a atender ás familias máis necesitadas
MÁIS PRAZAS GRATUÍTAS
Socialistas e nacionalistas que, durante o bipartito, foron os primeiros en introducir o copago en comedores sen ningún criterio de renda e agora critican un sistema que posibilita ampliar este servizo público. De feito, o novo sistema de comedores escolares é moito máis xusto e con el vai ser posible crear máis prazas gratuitas.
“En dúas lexislaturas a Xunta terá incrementado en máis de 18.000 o número de prazas nos comedores escolares que xestiona, das que 11.000 serán gratuítas e en outras 2.000 só haberá que pagar un euro por menú”-dixo Martínez-Sierra.
AMPLIACIÓN DA REDE DE COMEDORES ESCOLARES
Exemplos
Familia monoparental con 1 fillo:
– se ingresa menos de 1.166 euros netos ao mes (12 pagas)/ 1.000 euros (14 pagas): gratuidade total
– se ingresa 1.250 euros netos ao mes (12 pagas)/1.071 euros (14 pagas): 1 euro/día
– se ingresa 1.500 euros netos ao mes (12 pagas)/1.285 euros (14 pagas): 2,5 euros/día
– se ingresa máis de 1.500 euros netos ao mes (12 pagas)/1.285 euros (14 pagas): 4,5 euros/ día
Familia de pai+nai+2 fillos – un en idade escolar e o outro non-:
-se ingresa menos de 2.333 euros netos ao mes (12 pagas)/2.000 euros (14 pagas): gratuidade total
– se ingresa 2.500 euros netos ao mes (12 pagas)/2.142 (14 pagas) 1 euro/día
– se ingresa 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas):2,5 euros/día
– se ingresa máis de 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas: 4,5 euros/ día
Familia de pai+nai+3 fillos en idade escolar:
-se ingresa menos de 2.915 euros netos ao mes (12 pagas)/2.500 euros (14 pagas): sempre gratuidade total
Familia de pai+nai+3 fillos (2 deles en idade escolar):
-se ingresa menos de 2.915 euros netos ao mes (12 pagas)/2.500 euros (14 pagas): gratuidade total
– se ingresa 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas) 1 euro/día
– se ingresa 3.500 euros netos ao mes (12 pagas)/3.000 (14 pagas):2,5


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



