O Pleno da Deputación de Lugo aprobou, cos votos a favor de PSOE e BNG, a proposta do Goberno Provincial en repulsa da represión franquista. Todos os Deputados do PP votaron en contra desta iniciativa, que conleva os seguintes acordos:
1.- Instar ó Goberno Central a que introduza no Código Penal un artigo que tipifique como delito a exaltación do franquismo, calquera manifestación lesiva para a dignidade dos represaliados, incluíndo a quen en calquera contexto aprobe, negue ou minimice un feito cometido durante á ditadura franquista. Todo isto, en concorrencia coa Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos, ó tempo que se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violación durante a guerra civil e a ditadura.
2.- Esixir a Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta e do Partido Popular en Galicia, e a Xosé Manuel Barreiro, dirixente dos populares en Lugo, a que destitúan de todos os cargos públicos a Manuel González Capón, Alcalde de Baralla e Deputado provincial.
3.- Expresar a condena unánime de todos os membros da Corporación Provincial á represión franquista, así como seu o apoio a todas as vítimas na provincia.
O Goberno Provincial levou á sesión plenaria esta proposta logo de que González Capón asegurase, textualmente, que “os que foron condenados á morte será porque o merecían”, en alusión ás vítimas do franquismo. O Goberno Provincial amosou dende o primeiro momento a súa repulsa antes estas afirmacións, que “son unha auténtica barbaridade e un ataque as vítimas do franquismo”, que só na provincia de Lugo superan as 3.000 persoas.
O Executivo lugués mantén que o apoio ó xenocidio que representou o franquismo é totalmente contrario ós principios democráticos dunha sociedade como a actual, ademais de atacar principios morais básicos como a defensa da vida ou a condena á violencia. “A gravidade das afirmacións feitas pola rexedor municipal e deputado provincial exceden do ámbito político e rozan a ilegalidade ó ser contrarios ó establecido na lexislación vixente, en particular, na Lei da Memoria Histórica”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



