Burela, 21 de setembro de 2013. Ata o vindeiro xoves, 26 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Burela. No curso 2013/14 haberá bádminton no pavillón dos Castros os xoves de 17:40 a 18:40 horas; tenis de mesa os martes de 17 a 18 horas na Casa da Xuventude; patinaxe artística no pavillón dos Castros os martes de 16:30 a 19:30 horas; os xoves de 18 a 20 horas haberá ballet na Casa da Cultura; no pavillón dos Castros impartirase a escola deportiva de tenis os luns e os martes de 15:30 a 16:30 horas e os mércores de 19:30 a 20:30 horas; e no pavillón dos institutos haberá patín lúdico os venres de 16 a 18 horas.
A tempada das escolas deportivas municipais de Burela dará comezo o 1 de outubro e rematará o 30 de maio. As fichas de inscrición deberán entregarse na Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas. Segundo informa a Concellería de Deportes “todo aquel que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición non poderá asistir á actividade ata realizar dito requisito. A adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. A partires do venres, 27 de setembro, farase pública a lista de admitidos na Casa do Concello”.
Nas escolas deportivas municipais de Burela poderán participar todos os nenos e nenas nados entre 1997 e 2008.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



