Burela, 4 de setembro de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, manifestou este mércores que “o Plano Xeral de Ordenación Municipal vai permitir xerar unha fachada marítima en A Limosa e engarzar o casco urbano co acceso ó porto a través dun entronque na mesma zona”.
O rexedor burelés indicou que “a apertura de solo urbano na zona de A Limosa permitirá abrir un espazo que ata o de agora non se podía ocupar. A urbanización paulatina do mesmo permitirá ocultar parcialmente as traseiras de edificios de Arcadio Pardiñas na zona de O Campón, mediante un sistema de escalonamento que tenta minimizar os efectos visuais actuais”.
González Barcia explicou que “de feito, desde a rúa Castrelo en dirección este se abre un vial de dezaseis metros de ancho que discorrerá en parte en paralelo á rúa de Suafonte e ó Camiño da Limosa ó Perdouro. Entre as edificacións actuais da rúa de Suafonte e ese vial se poderán construír edificacións de ata tres alturas, que terán continuidade tamén no Camiño da Limosa, que pasará a converterse en rúa, ata a altura do aparcamento de Celso Emilio Ferreiro na traseira dos edificios do Campón”.
O alcalde de Burela engadiu que “pola parte nordeste de ese novo vial, é dicir cara o mar, haberá unha zona verde, que significará o engarce coa zona de servizos xerais portuarios, practicamente nas inmediacións de onde se ubicará a rotonda de chegada do acceso ó mesmo porto”.
Ademais, González Barcia indicou que se xera un entronque co acceso ó porto que permitirá sacar por esa zona o tráfico en boa parte do casco urbano: “ese novo vial case paralelo coa rúa de Suafonte e co Camiño da Limosa, ó final conflúe precisamente coa rúa na que se converterá o Camiño da Limosa, como dicimos, á altura dos aparcamentos da traseira do Campón. A partires de aí, xérase un único vial de doce metros de ancho, que xa non terá posibilidades de edificación nos seus laterais, que entroncará co acceso ó porto uns metros máis adiante en dirección este”.
O alcalde de Burela dixo que “deste xeito poñemos en valor unha zona na que agora mesmo non se podía facer absolutamente nada; damos unha solución ordenada e respectuosa co medio ambiente ó forte impacto visual que causan as traseiras do Campón; xeramos zona verde e de esparcemento, e habilitamos unha nova vía de saída desde o casco urbano para o tráfico do centro da vila”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



