A área de Cultura do Concello de Viveiro fai publica a programación para este outono inverno da programación do Teatro Pastor Díaz.
A programación oficial dará comezo este sábado 28 de setembro da man de Ancora Produccións que achegará a comedia sobre a fin do mundo, Snakizados, ao público adulto a partir das 20.30 horas. A peza, de 75 minutos de duración, está dirixida por Ánxela G. Abalo.
O sábado 5 de outubro, tamén en clave de comedia Ghazafelhos achegarán a Viveiro a peza “Bon Apetitt” a partir das 18.00 horas dirixida a un público infantil.
Xulio Lago dirixe a representación que se realizará enriba do escenario do teatro municipal o sábado 12 da man de Talía teatro, “O método Grönholm”, outra comedia de 90 minutos de duración que dará comezo ás 20.30 horas.
Dentro da programación do proxecto Buxiganga 2013, chega o Pastor Díaz unha adaptación de Tareixa Campo e Antón Sampaio sobre unha obra de Shakespeare o sábado 19 de outubro. Un elenco de 12 actores e actrices de Achádego Teatro representará “As alegres comadres”.
Así mesmo, O Bordelo representará o sábado 26 de outubro a peza “Fume de Carozo”, dentro da programación de Buxiganga, a partir das 20.30 horas.
Xa no mes de novembro, o sábado 16, Teatro Fantoches Baj. trae a Viveiro “As Pombas de Carboeiro” a partir das 20.30 horas, dentro da Campaña FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.