Ribadeo, 26 de setembro de 2013. Este domingo 29 de setembro, nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo, celebrarase a décimo primeira edición da Feira da Horta que organizan o Concello e a asociación de produtores A Sucadoira. A cita conta coa colaboración de ACISA a través da sección de hostalería e da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinalou que “esta feira é o colofón da tempada de horta que se veu celebrando cada domingo durante o verán nas proximidades da praza de abastos de Ribadeo, e non é só unha feira de exaltación dos nosos produtos, senón que se converte nun punto de encontro co local, unha volta ao consumo de proximidade, cos nosos produtos de máxima calidade e de recoñecido prestixio. Buscamos poñer en valor e promover os produtos locais, principalmente vinculados coa nosa horta, e dos que podemos e debemos destacar a súa calidade e frescura”.
A edil nacionalista engadiu que “porque nos gusta o local, así defendemos o seu consumo e dámoslle un valor engadido ao esforzo de tantos e tantas mulleres e homes que coidan co seu traballo aquela esencia dos sabores e gustos de antaño proxectados no ritmo de vida actual. Apoiamos a economía local, consumindo produtos de tempada e fomentamos os modelos de producións sostibles”.
A XI Feira da Horta dará comezo ás 9 da mañá coa apertura dos postos dos produtores. Ás 11 haberá música en directo da man do grupo Fraga das Saímas. Media hora máis tarde, ás 11:30 da mañá, terá lugar un obradoiro para os mais pequenos Mala herba, logo medra, “trátase dun obradoiro destinado a coñecer as herbas perxudiciais para os cultivos da horta, elaborando unha guía persoal, combinando técnicas de debuxo e encadernación de libros”. Ás 12 ofrecerá unha charla o xefe de servizo de Calidade Agroalimentaria da Xunta, José Mouriño Cuba, que estará acompañado polo alcalde ribadense, Fernando Suárez. E ás 21 horas no Cine Teatro O Bordelo porá en escena a obra Fume de carozo.
Durante toda a mañá haberá mostra de oficios e costumes tradicionais como forxa, obradoiro de feltro, tear “e ademais dos produtos da hortas este mercado se complementa con postos de pan, queixo, embutidos, conservas, ostras e artesáns, entre outros”, seguiu a relatar Ana Martínez.
A concelleira de Desenvolvemento Local indicou que “tamén, como cada ano en colaboración con ACISA, haberá unha degustación de produtos da horta en 14 establecementos de hostalería. Esta será de balde para a xente que faga as súas compras na Feira da Horta, xa que recibirán un ticket desconto para poder canxear por unha tapa da degustación. E aquelas persoas que por algún motivo non puideron acudir á feira e para que non queden sen probar os sabores da nosa terra esas tapas venderanse ao prezo dun euro”.
Martínez convida “veciños e visitantes a que se acheguen o domingo a Ribadeo a disfrutar desta décimo primeira edición da Feira da Horta e así apoiar e reivindicar que Ribadeo e A Mariña contan con produtos de calidade sen necesidade de mercar fora”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



