A Deputación reforza a conservación da rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.200 quilómetros, cun novo investimento de 2,8 millóns de euros. A Xunta de Goberno aprobará este venres a contratación dos traballos de mantemento de 3.200 quilómetros de estradas en 51 Concellos, por valor de 2 millóns de euros. O organismo lugués reserva 800.000 euros máis para as tarefas de conservación doutros 1.000 quilómetros de vías en 16 municipios, que se adxudicarán en vindeiras sesións, transcorridos os prazos legais.
O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, subliñou que “facemos un gran esforzo inversor para garantir, dentro das nosas posibilidades, o mantemento da que é a rede viaria provincial máis extensa de España. Temos 4.200 quilómetros de vías baixo a nosa responsabilidade mentres a Xunta de Galicia, cun orzamento máis de 100 veces superior ó da Deputación de Lugo, ten 5.500 quilómetros. Nembargantes, isto a Feijóo dálle exactamente igual, mantendo bloqueada a transferencia de estradas dende que chegou ó Goberno galego. Velaquí un exemplo máis de que Feijóo discrimina ós lucenses”.
Distribución do orzamento
Os 2,8 millóns de euros para a conservación da rede viaria distribúese do seguinte xeito:
– 319.413 euros para os 530 quilómetros de estradas provinciais nos Concellos de O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– 317.443 euros para 668 quilómetros en Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– 324.401 euros para 680 quilómetros en Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
– 314.155 euros para 332 quilómetros en Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– 301.667 euros para os 313 quilómetros en Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
– 338.316 euros para os 738 quilómetros en Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo
Ditos labores de mantemento da rede viaria provincial son os que se acordarán contratar este venres. Para as restantes tarefas, que se adxudicarán unha vez rematados os prazas legais para a presentación de ofertas, a Deputación reserva uns 800.000 euros, distribuídos do seguinte xeito:
– 416.845 euros para os 618 quilómetros no Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
– 421.080 euros para os 334 quilómetros en Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



