Ofrecer unha xornada para o paseo, historia, fotografía, natureza e convivencia é o obxectivo do roteiro que organizan de maneira conxunta entre o Colectivo Cultural “Os Tres Pés” de Trabada e “Ollomao”, de Barreiros, e que terá lugar este domingo, 22 de setembro, desde as 10h. da mañá ata media tarde. Ambas asociacións veñen incorporando este tipo de actividade aos seus respectivos calendarios culturais como un xeito de dar a coñecer o entorno de preto. Esto, xunto coas semellantes características culturais, de tradición e sociodemográficas que hai entre estes dous concellos veciños, levou ás entidades organizadoras a pór en marcha unha actividade conxunta que servira ademais como unha xornada para a convivencia intermunicipal.
O roteiro “Camiño da Prehistoria” xurde tamén en vistas de que unha das semellanzas entre os concellos de Barreiros e Trabada é a existencia de distintos achádegos arqueolóxicos, os cales ademais de atoparse practicamente en estado de abandono, son moitas veces descoñecidos pola veciñanza. Así pois, neste roteiro, as entidades organizadoras queren dar a oportunidade de visitar puntos de interese como as “Mámoas das Pallaregas” situadas en Vidal (Trabada) ou o “Marco da Pena Verde” que sinala o linde entre os concellos de Barreiros, Trabada e Ribadeo, así como coñecer a historia do “Monte das Fachas” da man dun experto na historia da comarca mariñá que acompañará durante todo o percorrido.
O roteiro, dun total aproximado de 16km., está organizado para ser realizado en dúas etapas no mesmo día, cunha pausa para o xantar no monte da Cadeira. A primeira etapa discorrerá por distintas parroquias do termo municipal de Barreiros, o punto de saída está sinalado ás 10:00h. da mañá no cruce da N-634 en Vilamar-Barreiros- (ao lado do Café-Estanco “Xunqueira”) onde as persoas asistentes poderán deixar aparcados os seus vehículos. O percorrido continuará cara a San Xusto, Val do Caínzo, Ibia e subida ao Monte da Cadeira. Neste último punto está previsto facer unha pausa para o xantar e continuar arredor das 15:00h. coa segunda etapa do roteiro que discorrerá por parte do termo municipal de Trabada. O punto final do roteiro está sinalado nas “Mámoas das Pallaregas” en torno ás 17:30h. Dado que o percorrido non é circular, de xeito que o punto de saída e final non son o mesmo, a organización encargarase de trasladar ás persoas participantes aos seus vehículos.
Dende “Os Tres Pés” e “Ollomao” informan que a ruta planificada discorrerá parte por camiño asfaltado e parte por camiños de terra. Aconséllase ás persoas que participen, ir provistos con calzado e roupa axeitados. Asimesmo, cada persoa deberá levar a súa propia comida e bebida para ser consumidas durante a pausa para o xantar. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas, non sendo preciso apuntarse por adiantado, abonda con estar no lugar e hora indicados para o punto de saída. Calquera dúbida en relación a esta actividade pode ser dirixida por correo electrónico a calquera dos enderezos das asociacións organizadoras: ostrespes@gmail.com e colectivo.cultural.ollomao@gmail.com, como por teléfono, no número 659786735 (Sandra).
Por outra banda, dende o Colectivo Cultural Ollomao informan tamén que ata o 30 de Setembro estará aberto o prazo para a participación no certame fotográfico “Enfocando Barreiros: O rural barreirense no obxectivo”. Animan a todas as persoas que gusten da fotografía a tomar parte neste roteiro sendo unha boa ocasión para a captura de instantáneas da zona rural de Barreiros. As bases para a participación no concurso están dispoñibles no blog do colectivo: http://www.blogoteca.com/ollomao/.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



