CERVO, 25 DE SETEMBRO. Os socialistas de Cervo alégranse de que por fin o Concello comece a facer os trámites oportunos para ter a cesión dos locais da Casa do Mar, “levamos máis de tres anos agardando as súas xestións, se lle houbesen feito caso ás indicacións da Tesourería Xeral da Seguridade Social e do Servizo Provincial de Costas, a día de hoxe os cervenses poderían ter disfrutado destes locais dende aquela”.
Os membros do Grupo Municipal Socialista subliñan que “coma sempre, o Partido Popular intenta enturbiar a política en vez de darlle solución ós veciños. Xa está ben de poñer disculpas e intentar rebotar a responsabilidade ós demais cando dende o ano 2010, o goberno de Alfonso Villares coñece de primeira man que estes terreos están afectados polo dominio público marítimo terrestre”. Explicaron que “a mesma Tesourería Xeral foi quen de comunicárllo telefónicamente ó equipo de goberno de Cervo pero non contentos, dende o Partido Popular, no seu afán de enturbiar todo e mesmo desacreditar a información dunha institución, meteu unha pregunta na Cámara Alta a través da súa compañeira de partido, Mariña Gueimunde, daquela senadora. Pregunta que tivo como resposta a confirmación dos datos que xa coñecían, pero non quixeran, polo motivo que fose, aceptar”.
A pesares disto, lembran que “non hai moito que nos acusaban de man negra e agora o tempo demostrou que nós non tiñamos nada que ver neste tema. Máis ben, toda a tardanza era cuestión do equipo de goberno, non se teñen os locais por unha mala praxis e por falta de interese. Eles mesmos recoñecen que é un proceso longo e que rexeitaron a oferta de aluguer que lles ofrecía a Tesourería. Por todo, esiximos que o PP de Cervo se disculpe con nós e rectifique as súas acusacións”.
Os socialistas cervenses insisten en que “o noso interese porque estes locais poidan dar un servizo ós veciños segue sendo o mesmo que amosamos dende o primeiro día. Cremos que poden ser moi útiles e xa demos moitas ideas de cómo se poderían aproveitar, como por exemplo, ubicando neles o PAI, Punto de Atención Infantil”.
En estado lamentable
Aínda alegrándose polo inicio destes trámites, aseguran que “estar en proceso para conseguir a titularidade destes terreos, non quita que teñan a delicadeza de manter o entorno da Casa do Mar como deberían. Agora mesmo amosa un estado lamentable. Cremos que ó igual que o Concello asume o mantemento do parque Reina Sofía, podería asumir tamén a conservación deste edificio, máis aínda cando confirman o interese pola súa propiedade”.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



