A Coruña, 18 de setembro de 2013-. A plataforma cidadá Queremos Galego fixo entrega na Subdelegación do Goberno das alegacións á multa imposta a este colectivo pola celebración da manifestación do 17 de maio en Santiago de Compostela.
A Delegación do Goberno acusou Queremos Galego de “guindar globos e ovos recheos de pintura” ou “realizar diversas pintadas en entidades bancarias e locais comerciais” supostamente durante o percorrido da manifestación convocada pola Plataforma e celebrada o pasado 17 de maio.
Queremos Galego nega rotundamente os feitos denunciados. A propia denuncia só fala de pintadas que “estaban no percorrido da manifestación” sen sinalar que se fixesen no percorrido da mesma.
A este respecto Queremos Galego manifestou a súa sorpresa e indignación por estas acusacións, que se realizan máis de tres meses despois de celebrada a manifestación. Este feito, súmase a outras denuncias similares a outros colectivos por outras manifestacións o que indica claramente, ao ver da Plataforma, que se trata dunha campaña orquestrada para criminalizar os movementos sociais, intentando así, pola vía da represión, que o pobo galego deixe de saír ás rúas para defender os seus dereitos.
No caso da plataforma Queremos Galego hai que engadir as continúas limitacións impostas ben polo Concello de Santiago (negación de permisos para palco…), ben da mesma Delegación do Goberno obrigando ao cambio de percurso.
Como testemuñas presentes na manifestación que negan que se producise calquera incidente, xunto cos miles de persoas que reclamaron pacificamente os dereito a viviren na súa lingua na manifestación do 17 de maio, a plataforma cidadá presentou ao escritor Suso de Toro e a música maría Xosé Silvar “Sés”.
A plataforma cidadá Queremos Galego non se amedrentará por estas acusacións infundadas e continuará a demandar os dereitos lingüísticos que nos asisten como galegas e galegos.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



