O grupo municipal de Unifoz presenta unha moción para tratar no Pleno do Concello de Foz na que propoñen que a corporación municipal acorde mellorar o muro de contención existente na zona da praia de Arealonga, entre Nois e Fazouro.
Os edís propoñen solicitar ao Ministerio de Medio Ambiente (Servizo de Costas) a redacción urxente dun proxecto para a reparación do muro de contención do entorno da praia de Arealonga; xa que “nos últimos tempos, por parte de Ministerio de Medio Ambiente, executouse a reforma integral do paseo e entorno da praia da Arealonga; pero, nestes días observamos no muro de protección, que está deteriorado, algo que coa chegada do inverno, pode ter consecuencias moi negativas para todo o paseo e o entorno da praia”, argumenta Jaime Cancio, voceiro de Unifoz.