Lourenzá, 7 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo este luns balance da 23ª edición da Festa da Faba e afirmou que se cumpriu o obxectivo de promover este produto e o concello. Destacou que nas degustacións vendéronse 1.160 racións e nos mercados comercializáronse máis de 6.000 quilos de fabas.
“Despois de tres xornadas festivas e de distintos actos no concello de Lourenzá o resultado obtido deu por cumprido o obxectivo que pretendíamos, un ano máis, con esta 23ª edición da Festa da Faba, que é promover a faba e, xa de paso, o noso concello. Digo isto por varios motivos, non soamente pola afluencia de público, xa que foron moitos os foráneos que se pasaron polo noso concello, xente de distintos sitios, como Asturias, Coruña e sobre todo da nosa comarca”, manifestou a rexedora, quen destacou que nas degustacións “vendéronse 1.160 racións de fabas, das 1.200 que había. Concretamente onte, domingo, vendéronse 860 racións: 200 da fabada tradicional, que se esgotaron; 389 de fabas con ameixas e 271 de potaxe de faba de Lourenzá a antiga usanza”.
Emma Álvarez salientou ademais que o festexo foi “un éxito rotundo tamén para os fabeiros, que 3 deles esgotaron as súas existencias; por exemplo a caseta de faba ecolóxica vendeu 180 quilos en total, de fresca e de galaica. Nas restantes vendéronse máis de 3.000 quilos de fabas: 45 da Indicación Xeográfica Protexida (IXP); 960 da faba galaica seca; 1.380 da faba fresca, da que cada ano vaise incrementando o número de quilos posto que cada vez é máis demandada pola restauración e tamén polas amas de casa; 420 de verdina e 250 quilos entre fabas do caldo, pintas e outras variedades. Tamén o mercado do domingo pola mañá foi un éxito de afluencia de produtores, pois houbo concretamente 127 e os compradores foron 6. O prezo roldou unha media de 6 euros por quilo e vendéronse 2.790. Foi un éxito rotundo tamén para os locais de hostalería, que estiveron abarrotados de xente tanto o venres á noite como o sábado durante todo o día e o domingo pola mañá para degustar as 20 tapas diferentes que se puxeron de balde coas consumicións”.
A alcaldesa rematou con agradecementos: “a todo o persoal do Concello, posto que traballou toda esta fin de semana sen ningún tipo de recompensa económica nin de días libres, simplemente de xeito voluntario. Sen eles sería imposible poder levar adiante esta festa. Tamén quero agradecerlle a Iago Castrillón que viñera a pregoar esta festa, xa que é un verdadeiro embaixador da Faba de Lourenzá alí por onde el pasa. E á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que animou aos produtores de Faba de Lourenzá a que sigan a vía da unión e da cooperación e que aproveiten esta ocasión que lles brinda ese departamento da Xunta, a través da Asociación Galega de Cooperativas, para crear unha cooperativa comercializadora de faba. Desta maneira a Faba de Lourenzá terá a recompensa que se merece no mercado cun prezo constante”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



