O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, avanzou este xoves a sexta liña anual de creación de emprego directo e de calidade que pon en marcha a institución na provincia. Tratase dun novo plan que permitirá a contratación, a través dos Concellos, de 80 persoas no paro. Está dotado de 2 millóns de euros, financiados ó 100% polo organismo provincial.
O Plan pretende mellorar os servizos públicos nos municipios con menor capacidade económica, “garantindo a igualdade de oportunidades na provincia”, e crear emprego nos Concellos con menos de 5.000 habitantes, “nos que, se cabe, a permanencia da poboación aínda é máis importante”, destacou Gómez Besteiro.
As tarefas que levarán a cabo os traballadores contratados consistirán na mellora de servizos públicos: como obras no medio rural, traballos no medio ambiente, intervencións en espazos públicos e naturais, medidas preventivas en defensa do medio ambiente… “é dicir, atender as necesidades imprescindibles para o benestar dos veciños dos Concellos con menos de 5.000 habitantes”, remarcou o Presidente.
A diferenza dos obradoiros de emprego doutras administracións, nos que as persoas están empregadas 6 meses, no caso da Deputación de Lugo serán 15 meses. Para que os Concellos non teñan que facer fronte ó pagos das nóminas sen a partida presupostaria correspondente, “coñecedores do estado das arcas municipais”, a Deputación de Lugo adiantaralles o 90% do total antes de que realicen a contratación do persoal.
Prazos e criterios
Santos Ramos adiantou que este mesmo luns, aprobarase esta sexta nova liña de creación de emprego na Xunta de Goberno, a mesma semana sairá no BOP e, a partir de entón, os municipios terán un prazo de 15 días hábiles para solicitala. Os criterios obxectivos de adxudicación da axuda para os Concellos son 3: taxa de paro, superficie de rede natura e superficie forestal. Para determinar o número de traballadores que lle corresponde a cada municipio, o único factor obxectivo será o número de habitantes: un máximo de 11 traballadores para municipios de ata 5.000 habitantes, e un mínimo de 4 para os de menos de 500 habitantes. A Deputación confiará o proceso de selección de persoal ós propios Concellos e asumirá os custes salariais, é dicir, as retribucións e a seguridade social. A retribución mensual dos peóns superará os 1.000 euros.
23% máis de paro
Os datos do INEM revelan que o paro aumentou na provincia nun 23% desde o cambio de goberno na Xunta de Galicia, no ano 2009. Na actualidade, hai 25.847 lugueses no paro. No 2009, había 19.871. O titular provincial subliñou que “esta dramática situación non está a ter a resposta política que debería desde a administración que ten transferidas as competencias e emprego: a Xunta de Galicia. O goberno de Núñez Feijóo recortou as políticas de promoción de emprego en máis de 200 millóns de euros nos últimos cinco anos, ademais do recorte en gasto social noutros 4.000 millóns de euros no mesmo período”. Gómez Besteiro fixo “un novo chamamento á Xunta de Galicia para que afronte o primeiro problema dos galegos: o paro. Un problema no que tamén desde esta administración queremos contribuír a solucionar”.
Liñas de emprego para 2.180 lucenses no paro
Neste senso, o Presidente destacou que a Deputación de Lugo ten abertas hoxe outras 5 liñas de creación de emprego directo:
1.- A inserción laboral de 1.000 persoas nas profesións con máis futuro dentro do benestar social. “É formación remunerada en toda a provincia grazas a que a Unión Europea nos volveu premiar co segundo Pacto Provincial polo Emprego”. 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80%.
2.- A inserción laboral de 50 persoas en paro que se convertirán en especialistas en innovación e que darán asesoramento a 300 autónomos e PEMES da provincia. Un programa de dinamización do tecido produtivo, dotado con 3 millóns de euros grazas ó convenio coa Escola de Organización Industrial”.
3.- A inserción laboral de 900 lucenses no sector da gandeiría, agricultura ecolóxica e forestal, co Fórmate en Verde, dotado de 1 millón de euros.
4.- A inserción laboral de 70 mozos lugueses en paro grazas ás bolsas de formación Leonardo da Vinci, dotadas de 300.000 euros. Esta mesma semana, tiveron lugar as probas de coñecementos para a selección.
5.- A contratación de 80 traballadores para os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), para os que a Deputación achega 300.000 euros.
En total, 2.180 lucenses no paro benefícianse das 6 liñas de creación de emprego anuais da Deputación.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



