Santiago, 31 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, vén de interesarse a través dunha iniciativa rexistrada no Parlamento de Galicia sobre o cambio no modelo de xestión da pesca de baixura no que está a traballar o Goberno galego.
O deputado popular interpelará ao secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, sobre o contido, perspectivas e obxectivos perseguidos coa futura modificación da normativa que regula a actividade da flota costeira e artesanal, un sector que posúe grande importancia social en Galicia e que agrupa a miles de embarcacións de porte pequeno que faenan nas augas interiores, sobre todo nas rías, áreas de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
MELLOR PLANIFICACIÓN
Balseiro considera que modernizar esta normativa pode ser unha medida interesante para facer unha mellor planificación da actividade pesqueira nun ámbito, o da pesca de baixura, no que os profesionais traballan cunha gran diversidade de artes como trasmallos, miños, rascas, palangrillos, racús, bou de man, bou de vara, diferentes tipos de nasas, etc.
“A flota de artes menores ou artesanal, na que se inclúe o marisqueo a flote, é a máis importante en número de embarcacións na baixura. Os seus pescadores explotan especies como o polbo, a faneca, o congro,o choco, a centola ou a ameixa”, explicou Balseiro.
O portavoz do Mar do Grupo Popular situou entre os principais obxectivos a desenvolver polo departamento que dirixe Rosa Quintana potenciar a modernización e renovación da flota pesqueira artesanal, pero tamén o desenvolvemento dun modelo de xestión sustentable e acorde coas necesidades do sector. O novo modelo incluiría tamén as medidas da Xunta para a mellora da xestión da produción e comercialización dos produtos mariños obxecto de captura por parte desta flota.
DA MAN DO SECTOR
Balseiro insiste en que calquera modificación da normativa debe facerse da man do sector e nesa liña considera acertada a estratexia que leva adiante a Consellería do Medio Rural e do Mar, que traballa xunto cos profesionais para buscar unha modificación da lexislación pesqueira de tal xeito que nos próximos anos faga posible ir definindo os correspondentes plans de xestión plurianual para as distintas artes e especies nas augas da nosa competencia
O portavoz popular sinala que os primeiros contactos co sector permitiron observar unha resposta unánime de aceptación da proposta de novo modelo de xestión pesqueira baseada nos plans de xestión plurianuais, modelo xa experimentado nestes dous últimos anos para os casos da nasa polbo e a centola. Balseiro aclara que, para a implantación deste novo modelo de xestión pesqueira, é necesaria a modificación do Decreto 15/2011, feito que pretende realizarse no ano próximo.
“O novo modelo podería aplicarse a tódalas artes incluídas no Decreto 15/2011, salvo as de marisqueo que xa están a empregar un sistema deste tipo, con plans de xestión cada ano ou cada dous anos ou, para determinadas artes cuxa utilización nas nosas augas interiores e moi estable, con poucos cambios, poderían elaborarse plans con duracións de cinco ou máis anos”, aclarou Balseiro.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



