O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, avanzou este mércores que a institución rematou o Plan de Rebacheo na rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.200 quilómetros, ó que achegou máis de 3 millóns de euros para acondicionar con rego asfáltico todos e cada un dos puntos das estradas da súa responsabilidade nos 67 Concellos lugueses que así o necesitaban.
102 operarios e 54 máquinas realizaron estas tarefas, coordinados por 16 capataces e vixiantes que durante os últimos meses recompilaron as necesidades e as solicitudes veciñais ó respecto da rede viaria provincial, precisamente, para darlles resposta.
Este dispositivo distribuíuse polas 8 zonas da rede viaria provincial:
– Zona 1: 15 traballadores e 7 vehículos, que actuaron nos 530 quilómetros provinciais dos municipios do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 2: 24 operarios e 10 máquinas nos 618 quilómetros do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
– Zona 3: 8 traballadores e 4 vehículos nos 668 quilómetros de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– Zona 4: 8 operarios e 4 vehículos nos 680 quilómetros de Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
– Zona 5: 15 operarios e 7 vehículos nos 332 quilómetros da Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6: 8 traballadores e 8 máquinas nos 334 quilómetros en Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7: 18 traballadores e 10 máquinas nos 313 quilómetros de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
– Zona 8: 6 operarios e 5 vehículos nos 738 quilómetros de Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.
Novas actuacións
Martínez adiantou que o Plan de Rebacheo complementarase cunha nova programación que consistirá no aglomerado en quente duns 100 quilómetros e na reposición de sinais, que afectará a vías de “Concellos de todas as cores políticas”. O organismo provincial xa mellorou o firme con aglomerado en quente de 1.000 quilómetros e executou un plan de sinalización na totalidade da rede viaria provincial, que supuxo:
– Colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop).
– Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas.
– Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña.
– Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades.
– Instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



